sábado, 27 de octubre de 2012

Reflexión post electoral

Un anónimo colaborador de Boa Vida, David López, no facebook, enviounos a súa opinión e pediunos que a publicaramos, aqui vai!!.  Como non pode ser doutro xeito, e como din nas editoriais das revistas importantes. Esta publicación non emite a opinión de Boa Vida e esta evidentemente non se fai responsable das opinións aquí vertidas. En todo caso agradecemos a este anónimo que se exprese e gustaríanos recibir mais opinións ao respeito, por aquelo de crear cultura.

Paréceme que o BNG levou o que merecía. A vinganza sérvese fría  e Beiras soubo esperar. Teño que dicir que este acordo entre partidos que forman AGE fixo posible que nunhas autonómicas a opción que votei teña representación na cámara.
As enquisas daban gañador ao PP; pero coas leis electorais feitas para castigar o pluralismo político, sacou mais proveito con menos votos que nas anteriores. Por parte do PSOE, escoitei moi poucas críticas ás políticas neoliberais que padecemos, e cando as fixeron, foron moi laxas, polo tanto, que se jodan.
Estoume recuperando do desgusto. O resultado do PP e moi malo para a maioría e para a sociedade en xeral. Xa tiñan os votos, os cartos e as armas, e agora os galeguiños do Luar e demais programas imbéciles da TVG renóvanlles a confianza. Non vai haber quen os ature.
Hoxe nun telediario dicían que o goberno Rajoi entende como déficit os cartos públicos inxectados á banca privada. Vaia novidade. O asunto é que parece que segundo este goberno cada un de nós debe 60.000€ por gastar mais do que tiñamos. E eu cobrando 350€ cada mes, mentres dura. E a forza da mentira.
Imos dereitiños á beneficencia e grazas. O que vou facer e pasar moito dalgún cretino que non ten un can e que ou vota por quen non debe ou nin se molesta en tratar de entender o que está pasando.
Por certo de que van os de compromiso x Galicia ademais de ser unha escisión do BNG?.
Fai un ano o PSOE perdeu as estatais e dixeron: Sí, imos abrir un período de reflexión. Despois outro desastre en Andalucía. Gobernan có apoio de EU; pero “otra vez la frasecita”: imos abrir un período de reflexión. Agora outro desastre en Galicia, e en Euskadi, peor aínda; e aínda teñen o valor de soltar outra vez o rollo da reflexión.
Fai dúas décadas pedían para si mesmos o voto da esquerda porque segundo eles era o voto útil. A min nunca me enganaron, non tiña nada de útil nin agora nin antes. A estes non os sacan da poltrona nin con auga quente. Que pasada como afundiron! . Creo que fixeron méritos.
Teño que pensar sobre iso. En EEUU hai estados nos que vota menos do 30% do electorado, e os resultados para os políticos son lexítimos.
Creo que hai unha estafa informativa; pero destes cabritos non esperaba outra cousa. De calquera maneira, os galegos estamos moi durmidos. Igual o feito de que nas aldeas non fagan manis, tampouco axuda. O rural sempre foi o coto de pesca mais importante de votos do PP.
Non acabo de estar cómodo coas asociacións chamadas tirita. A caridade, a falla doutra cousa, pois aí está. O malo é que cando podemos cambiar algo, a maioría dos voluntarios destas asociacións decídense polos partidos antisociais. Sendo polo tanto cómplices do sistema. Eu a iso chámolle hipocrisía. Se lles nota que fan un esforzo cando falan contigo. Relacionan pobreza con idiotez
Con mais coñecementos levaría mellor as conversas cos benfeitores e caritativos. Tamén podo esperar que me toque a lotería. En serio, non me resulta fácil relacionarme dende a condición de pobre. Entre os prexuízos dos demais e os meus.....

1 comentario: