jueves, 15 de septiembre de 2011

Entrevista con la concejala de servicios sociales

El pasado 13 de Septiembre fuimos MIGUEL LUQUE , LUIS COUSIÑO, TINO MARTINEZ, RAQUEL Y VIRGINIA OJEA en representación de los componentes del club boa vida a la entrevista con la concejala, nos atendió junto con la responsable/coordinadora de servicios sociales nos informaron sobre la situación de las trabajadoras sociales del plan de exclusión, que ya han firmado su despido, pues ante la negativa de la xunta a seguir financiando este servicio, el ayuntamiento(que se hizo cargo hasta diciembre de este año de los gastos) no puede continuar haciéndolo, nos aclararon que la casa azul seguirá recogiendo los mismos servicios que hasta ahora, que las asociaciones seguirán teniendo un local en las instalaciones, que van ha hacer obras para adecentar dichos locales, pero también nos informaron que a pesar del prejuicio que esto supone no hay posibilidades de seguir manteniendo a las trabajadoras del servicio, lo cual no nos parece justo a ninguno, nos mostraron su apoyo, así como su agradecimiento por la preocupación tanto por el servicio, como por las trabajadoras sociales del plan de inclusión, nos animaron a seguir adelante con la idea de formar una asociación y nos comunicaron la importancia de hacerlo, pues así podríamos ayudar a que la transición de la gente no sea tan traumática, nosotros agradecemos a la concejala su interés y desde luego que pensamos actuar en beneficio de todos desde la asociación si se llega a constituir.

QUEREMOS AGRADECER A LAS TRABAJADORAS SOCIALES DEL PLAN DE INCLUSIÓN SU APOYO DURANTE ESTOS AÑOS, UN TRABAJO QUE HA SERVIDO PARA MUCHO, PUES SON UNAS PERSONAS CERCANAS Y SOLIDARIAS QUE SE HAN VOLCADO POR COMPLETO EN LA AYUDA, COMPRENSIÓN, ACOMPAÑAMIENTO, EDUCACIÓN Y TUTORÍA DE TODAS LAS PERSONAS QUE HAN PASADO POR SUS DESPACHOS, HAN AYUDADO A MUCHA GENTE A SALIR DE DEPRESIONES, DE PROBLEMAS, LES HAN AYUDADO A ENCONTRAR TRABAJOS, LES HAN MOSTRADO UN CAMINO MÁS FÁCIL PARA LOGRAR COSAS IMPORTANTES, LES HAN ESCUCHADO EN LAS HORAS BAJAS, HAN COMPARTIDO SUS ALEGRÍAS, EN DEFINITIVA HAN CUMPLIDO CON SUS TRABAJOS MÁS ALLÁ DE CUALQUIER EXPECTATIVA QUE TUVIERAN SUS JEFES. GRACIAS POR SER COMO SOIS, GRACIAS POR VUESTRA AMISTAD, NO OLVIDÉIS NUNCA LO IMPORTANTES QUE SOIS PARA NOSOTROS.

martes, 6 de septiembre de 2011

Propuesta de Estatutos para la asociación Inclusión activa

Quiseramos ser como estos árboles azotados por el viento pero fuertes por estar unidos.

Este borrador se aprobará el 13 y el 20 de septiembre, envíanos tus sugerencias.

CAPÍTULO I DA ASOCIACIÓN EN XERAL


Artigo 1º.- 1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN FILANTROPICA. INCLUSIÓN SOCIAL ACTIVA. BOA VIDA."
2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Pontevedra rúa de _______________________. teléfono, 685183593, correo electrónico boavidainclusionactiva@gmail.com
Artigo 3º.- A asociación, en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da comunidade autónoma de Galicia.
Artigo 4º.- 1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación de acción social.
a.- Filantrópicos e asistenciais.
b.- Mellora da calidade de vida.
c.- Loita polos dereitos individuais e colectivos (auga, luz, alimentación vivenda e emprego).
2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes actividades:
a.- Educativas-Formativas
b.- Informativas
c.- Orientativas
d.- Sociais e laborais
e.- Reivindicativas.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II DOS ASOCIADOS

Artigo 6º. 1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
a. Que estean en risco de pobreza.
b. Que estean en exclusión social.
c. Que teñan algún outro problema que sexa obxecto dos fins da asociación.
2.-Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
Artigo 8º. 1.-A condición de asociado pérdese:
Por vontade propia.
Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.-A expulsión de asociados e asociadas, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, so seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación dela.
Os asociados e asociadas honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Pagar a cota si se pode.
3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5. Acata-lo contido dos estatutos. Ter unha boa conduta individual e cívica. Asistir ás actividades sen efectos de calquera tipo de droga.

CAPÍTULO III DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN


Artigo 11º.
- A dirección e administración da asociación serán exercidas pola presidenta, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo 12º. 1.- A persoa que preside a asociación será designada pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 1 ano.
Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
A presidencia e vicepresidencia serán ocupados por un home e unha muller en cumprimento das recomendacións da normativa de cotas.
2.- A persoa que preside terá as seguintes atribucións:
Representa-la asociación perante calquera organismo público ou privado.
Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva.
Presidi-las sesións da Asemblea Xeral.
Dirixi-las deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate. Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Ordena-los pagamentos acordados validamente.
Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
Artigo 13º. 1.- A Xunta Directiva estará formada pola presidenta da asociación, un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e vocais.
2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.
As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.
3.- A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva.
A súa duración será por un período de 1 ano, aínda que poden ser obxecto de reelección.
4.- Os cargos cesarán na súa función por:
a) falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
b) renuncia voluntaria.
c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral.
En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 4 persoas, que exercerán as funcións de presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro.
Artigo 14º.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:
1. Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2. Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4. Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6. Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9. Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.
Artigo 15º. 1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 16º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias.
Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Artigo 17º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta.
O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva. Artigo 18º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios.
Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ao presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 19º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o 7 do mes de xaneiro ata o 7 do mes de febreiro de cada ano.
Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da asociación para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.
Artigo 20º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
Aproba-lo plan de actividades.
Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
Exame e aprobación das cotas.
Artigo 21º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:
Modifica-los estatutos da asociación.
Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
Aproba-la federación con outras asociacións.
Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
Acorda-la disolución da asociación.
Designa-los/as liquidadores/as.
Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 22º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
Artigo 23º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos.
A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea.
A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Artigo 24º.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o presidente.
Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día.
Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.
Artigo 25º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral.
A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.
Artigo 26º.- 1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade.
Correspóndelle, así mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente.
O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.
Artigo 27º.- 1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.
Artigo 28º.- Os vocais terán as seguintes atribucións: Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.


CAPÍTULO IV RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29º.- A asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de 0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 30º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos.
O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 31º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 32º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso.
O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.
Artigo 33º.- Anualmente, con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 34º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 35º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

CAPÍTULO V DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO


Artigo 36º.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles.
En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.


CAPÍTULO VI MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 37º.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados.
A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 38º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 39º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 40º.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.


jueves, 1 de septiembre de 2011

Gacetilla agosto

GACETILLA DEL MES DE AGOSTO


Hola amigos consultantes y compañeros.

Os informo de los temas tratados por el GRUPO en el mes de agosto del 2011 en sesión de planificación.

Día 2 hora 10,35, número de asistentes 6 personas.

Se comienza con un ejercicio de respiración y relajación.

No se pudo pasar la gacetilla de junio.

NOVEDADES: Previsión del cierre del servicio de inclusión 2007-2013. En Pontevedra diciembre 2011. En 2010, la xunta recorta un millón de euros. 2011 El ayuntamiento se hace cargo de la financiación del 2011, y aporta 132.000 €, en principio la nueva concejalía comunica en la prensa el posible cierre del servicio.

Algunas personas del grupo van a trabajar en la posible constitución de una asociación en el futuro, por lo que se forman grupos de trabajo.

Un componente del grupo propone escribir al diario de Pontevedra en relación al tema de la imagen y conceptualización que este medio da a las personas que están en riesgo de pobreza y exclusión social, se debate la continuidad de las clases de dibujo, se concreta que se continué las clases de dibujo los lunes y miércoles de 10:30 a 12:30, se analiza el tema de recursos y subvenciones, se concreta la actividad de música para los días 4, 11, 18, de este mes en horario de 10 a 11:30 horas, se concreta que se continúe las clases de dibujo los lunes y miércoles de 10:30 a 12:30.

Se le pide a la concejala de Benestar Social cita para darnos a conocer.

Se propone al final de la sesión abrir el correo del club.

DESPEDIDA: Fue una jornada satisfactoria para todos.



Día 9 hora 10,35, número de asistentes 14 personas.



Se comienza con un ejercicio de respiración de relajación, esta sesión es oficial y se propone realizar gestiones para que el grupo se convierta en una asociación.

  • Envío de las cartas reivindicativas al defensor del pueblo, al presidente de la EAPN, y a la secretaría de Trabajo y Bienestar social de la Xunta.

  • Se termina y se pasa la gacetilla del mes de junio al blog.

  • Inicio de los grupos de trabajo para formar la asociación:

    • a) Secretaría.

    • b) Tesorería

    • c) Vocalías

    • e) Estatutos

Contestamos por correo electrónico a la concejala de Benestar Social para que nos indique el lugar donde nos recibirá.

Se recoge la aportación económica del mes de agosto.

Concepto que los componentes del grupo tienen de asociación.

¿que es una asociación?

1-agruparse para conseguir derechos básicos.

2- Debatir temas actuales-

3- Luchar por objetivos comunes.

4-La participación real será siempre con cuatro personas mínimo

5- Hacer actividades (formación de actividades sociales, personales laborales etc.)

6- Sin ánimo de lucro.

Las gacetilla de septiembre la hará una persona nueva.

DESPEDIDA: Hay satisfacción en el grupo y ánimos por el trabajo realizado en el día de hoy.



Día 16 hora 10,35, número de asistentes 11 personas.



Se comienza con un ejercicio de relajación y respiración.

Se constata que el ayuntamiento de Pontevedra, recibe fondos del estado 2,1 millones de euros, ver diario de Pontevedra del 11 de agosto del 2011.

En el centro: ¿como funciona una asociación?.

  • Junta directiva. Formada mínimamente por tres personas, presidente, secretario, tesorero, lo ideal serían 5 personas un vicepresidente, y dos vocales.

  • La Junta Directiva: Programa y dirige las actividades, administra y gestiona las cuentas, presentando en la asamblea la aprobación de gastos, dicta normas internas y procedimientos disciplinarios y resuelve peticiones de altas y bajas de los socios.

  • El Presidente: Representa a la asociación, convoca y preside la junta directiva en las asambleas tanto ordinarias como extraordinarias, ordena los pagos junto con el tesorero, firma las actas y certificados con el secretario y dirige las comisiones de trabajo.

  • El Tesorero: Recauda y custodia los dineros, ordena los pagos junto con el presidente, lleva las cuentas de gastos e ingresos, elabora los presupuestos hace cuentas del balance antes del 15 de diciembre.

Queda Pendiente secretaría, vocales, grupos de trabajo o comisiones.

Lectura de la carta a la EAPN y se acuerda enviarla.

Un componente del grupo promotor se da de baja.

DESPEDIDA: Hoy la jornada estuvo marcada por el buen trabajo del grupo.



Día 23 hora 10,30, número de asistentes 10 personas.

Se comienza con un ejercicio de respiración y relajación.

Formar a los asistentes para hacer participación asociativa:

Orden del día:

Repasar temas sobre asamblea general, junta directiva, presidencia, y tesorería.

Presentar secretaría, tareas y libro de socios.

Vocales.

Estatutos y primeros artículos.

Viene una persona invitada a la sesión del grupo.

Se constata que una asamblea está formada por un presidente, un secretario, un tesorero y uno o dos vocales, ademas de los socios.

Funciones del secretario:

a) Redactar la actas

b) No tendrá intereses económicos.

  1. Es el que recibe solicitud de ingreso en la asociación.

d) Lleva el fichero y el libro de administración.

e) Notifica las convocatorias ordinarias y extraordinarias.

f) Hace el inventario de bienes.

h) Redacta actas para notificaciones.

  1. En caso de estar ausente le substituirá uno de los vocales.

PROPUESTA DE LA FICHA DE SOCIO.

DATOS OBLIGATORIOS.

Nombre y apellidos, dirección, DNI, teléfono, o correo electrónico, nº de socio, fecha de ata y baja.

DE LA ASAMBLEA GENERAL

1- Es el órgano de la expresión de los asociados y estará formada por todos los integrantes de la asociación.

2- Se reunirá con carácter ordinario, una vez al año minimamente, del 7 de enero al 7 de febrero.

3- Se convocará por la junta directiva o por el 10% de los socios.

Convocatoria de asambleas ordinarias y extraordinarias.

1- Se convocan por el presidente y la junta directiva.

2- Notificada por teléfono o en su domicilio a los asociados con 15 días de antelación

Competencias de la asamblea general ordinaria

1- Aprobación del plan de actividades de la asociación.

2- Examina y aprueba el balance de cuentas del ejercicio anterior.

3- Aprueba los presupuestos de gastos e ingresos de cada ejercicio.

4- Aprueba y examina el sistema de posibles cuotas.

Competencias de la asamblea general extraordinaria.

Estas competencias del articulo 21 se verán la próxima semana en la que se reúna el grupo.

Se acuerda que el próximo 31, y 6, vamos a trabajar el grupo completo sobre los estatutos.

Reunión del grupo el día 13 de setiembre, con la Concejala de Benestar Social, en el ayuntamiento a las 13 horas.

Después de debatirlo se acuerda que el 13 y el 20 se haga asamblea abierta.

Se abre el coreo electrónico del grupo no hay mensajes.

DESPEDIDA: La mayoría de los asistentes se van muy satisfechos.

Día 30 hora 10,30 número de asistentes 12 personas

Ejercicio de respiración de aductores.

Asisten dos personas nuevas.

Orden del día:

Sesión de asociación.

Repaso de estatutos

Candidaturas a junta directiva, presentación y defensa.

Recados. Correo electrónico, 15 M, EAPN, carta defensor del pueblo.

Repaso de los estatutos.

El acta fundacional elige presidente presidente, vicepresidente, secretario y vocales.

Convocatoria de la asamblea extraordinaria.

Cuantas veces la proponga la junta directiva, o la mitad mas uno de los asociados por temas concretos.

Queda constituida cuando estén la mitad mas uno de los asociados en la primera convocatoria, y en la segunda el presidente el secretario y el número de asistentes que estén presentes.

Se leyeron y se aprobaron los estatutos, hasta el final.

Aportación de ideas:

Reflexión sobre el significado de posicionarse públicamente a nivel personal, es decir participación sin tendencia política.

Debate sobre posible nombre de la asociación. Se propuso, filantropia, boa vida, inclusión social activa, boa vida, club boa vida, asociación boa vida.

Queda pendiente de aprobar.

Debate sobre los posibles fines:

Formativos, educativos, mejora de vida, reivindicativos potenciar habilidades sociales

Próximo día, actividades, asociados, candidaturas, costes y benéficos de la participación en las asociaciones.

DESPEDIDA: Opinión general aceptable.