GACETILLA DO MES DE NOVEMBRO 2012
Penultimo mes do ano, catro reunións, grupos de
traballo conferencias… non paramos a pesar de estar no paro….. este é o resumo.
Seguimos adiante co grupo de axuda mutua que tan boa aceptación tivo o primeiro día, os
primeiros luns de mes en Cáritas en Monte Porreiro e os terceiros venres de mes
en Rexuirdir.
Tamén estamos a traballar na documentación que imos
enviar á EAPN para entrar a formar parte da rede. E nas liñas de traballo para
o ano que ben que discutiremos na asemblea
do 23 de xaneiro. (Defensa das prestacións económicas, RISGA, RAI etc. Tentar
traballar no autoemprego ver experiencias….)
Estivemos en:
- Encontro europeo de Oporto EAPN-Portugal, de participación política dos excluidos. Contou coa participación de asociacións de varios paises europeos. Despois de dous días non fomos quen de consensuar o manifesto. Isto non é moi alentador, grazas Ruth, polo traballo feito.
- Charla sobre saúde e emprego. Que organizou o colectivo Encontro-Marea Laranxa. Despois de escoitar aos ponentes; unha educadora social, un médico de urxencias e un siquiatra, queda claro que a saúde e o emprego están moi relacionados. A falta de traballo repercute na saúde negativamente en todas as suas formas. Por enriba os recortes sociais estanse cebando coa sanidade pública, ou estanse privatizando que para o caso é o mesmo. Non podemos deixarnos enganar con que a sanidade pública é insostible cando a empresa privada hai xa tempo que puxo os ollos nela. Nós pensamos que se a sanidade pública resulta tan ruinosa, porqué ás aseguradoras privadas lles interesa como negocio?. Gracias Rafa pola asistencia e resumo.
- Encontro de profesionais da intervención social, psicólogos, educadores e traballadores sociais. Encontro cargado de boas intencións, ainda que por algo hai que comezar. Os profesionais demandan mais compromiso dos seus colexios. Mais apoio para traballar e defensa ante os recortes. Para os usuarios queda claro que as prestacións económicas son cada ano mais inalcanzables. A Desobediencia Civil é unha alternativa para ambos. Grazas Toño pola compañía no encontro.
Boa vida a todos.