sábado, 2 de febrero de 2013

Gacetilla e curso contabilidade


O día 7 temos curso, apuntense!!
 
En xaneiro continuamos coas reunións semanais. O día 23 celebramos a
asemblea xeral anual. Presentamos as contas e repasamos as actividades
feitas ao longo do ano. Cambiamos a xunta directiva e debatimos o plan
de traballo para os próximos 3 meses.
 
En marzo estaremos en Bruselas no foro de pobreza e participación. A
EAPN invitou a unha compañeira que xa estivo no mesmo foro que se
celebrou en Oporto. Tal vez por iso a invitación foi dirixida a esta
compañeira en concreto; pero ate agora, sempre foi o grupo o que
decidiu quen nos representaba en calquera tipo de evento, e non temos
intención de cambiar isto.
 
Estamos buscando fontes de financiación para levar a cabo os proxectos
para o 2013. Temos algunhas ideas que iremos desenrolando. Estamos un
pouco atascados e algunha vez podemos pensar que a reunión non serviu
de nada. Non é certo, se fora fácil, faríao calquera. Ademais este
camiño non só se fai andando, convén parar, descansar e reanudar a
marcha.
 
Este mes solicitamos unha entrevista coa concelleira de S.S. para
tratar entre outras cousas as claúsulas sociais nos contratos entre
empresa-Concello. Agardamos resposta.
 
Grupo de axuda mutua: En xaneiro tratamos o consumo e o consumismo.
Falamos dos dereitos do consumidor e o control cando mercamos. Falar
destas cousas axuda a entender os motivos que nos levan ás veces a
consumir calquera producto. Chegamos á conclusión de que as modas, o
sentirnos aceptados ou o mero placer é o que nos move algunhas veces a
consumir cousas que non precisamos. En fin, despois de todo o sistema
aliméntase do consumo e nós formamos parte del. O importante é
controlar nós os nosos actos.