domingo, 9 de junio de 2013

Fin de curso e reenganche




 En Xuño non teremos Gacetilla, pero non estaremos de todo “parados”.

Ademais do encontro da EAPN ao que fomos o día 8. Ruth irá a Madrid a seguir participando no grupo de discusión do proxecto P.E.P.A. estará tres días, á volta temos a asemblea da EAPN o día 21, pero non sabemos se poderemos ir.

Atoparémonos o 3 de xullo ás sete da tarde no estadio da xuventude, para ir a dar un paseo e ver como estamos de forzas para seguir adiante e que compromisos podemos adquirir para o curso que vén polo menos ate decembro, temos enriba da mesa as seguintes cuestións para as que precisamos mans e cabezas que axuden, aí vos quedan para que podades darnos a vosa opinión e veñades tamén a compartir con nós as vosas inquedanzas e necesidades:

- O grupo de axuda múta de Monteporreiro.
- Arquivadores de cartón. 
 - Colaboramos co colectivo Encontro na posta en marcha do Café Pendente.

 - Tentaremos organizar unha xuntanza cos compañeiros de Médicos do Mundo e coa Oficina de Dereitos Sociais e Emaús en Vigo.

- Veremos se facemos a segunda escola de verán, un dos temas nos que pensamos é Xornada sobre a persoas participantes nas asociacións Recursos Humanos e voluntariado.
- A radio e a pobreza. ¿conseguiremos espazos?
- Proxecto de clases de árabe. Temos unha mestra de marrocos que pode facelo.
- 17 de outubro. ¿Temática? Que podes ser de interese:
Responsabilidade social das empresas? ¿que fai o noso concello, a deputación e a xunta?.

4 Encontro EAPN. Cidadanía Inclusiva



Este encontro foi para a nosa asociación un punto de inflexión, xa que como sabedes polas gacetillas anteriores estamos nun momento difícil en canto a persoas que non poden participar por motivos moi diversos.

Fixemos unha importante reflexión sobre cuestións que ás veces temos que facer a pesar de que non nos gusten ou das que non lle vemos claro o beneficio para nós individualmente pero si para o grupo. Unha das reflexións de persoas que non foron ao encontro teñen que ver coa falla de utilidade, co discurso lonxano dos intereses das persoas excluídas e o repetitivo da temática, e a pseudo participación dos excluídos naquelo que eles chaman “entidades” non “organizacións”, todo isto reforzado coa importancia de que as decisións individuais han de respectarse. O resultado foi que solo estivemos 3, e que temos un ano por diante para mellorar a nosa participación no deseño do encontro para sacarlle partido a un espazo tan valioso.

Na primeira conferencia O Valedor do Pobo.  Julio Fernández explicou de forma moi amena as súas funcións e como facer queixas nesta institución. So sorprendeu un pouco, por momentos cando se dirixía ao publico como se non se entendera onde estaba a dereita e a esquerda para atopar o edificio no que se atopan as súas instalacións.

En Boa Vida, algúns preguntábanse que fixera no caso das preferentes, sobre iso non llo preguntamos pero si que nos informou sobre desaucios, que 10 familias están nos seus domicilios grazas ás queixas que presentaron e este mediou cos bancos. Tamén sabemos da súa pronta resposta xa que no 2010 escribímoslle e respondeunos moi amablemente.

A conferencia fíxonos recordar que temos unha queixa pendente sobre os descontos das débedas do Concello de Pontevedra das axudas para alimentos.

Logo Carlos Teijo. Explicou a diferenzas entre os dereitos fundamentais e os que non o son, foi moi interesante saber que o xulgado de Estrasburgo consegue que paguen indemnizacións pero teremos que repasar a fondo todo o que explicou xa que abre moitas vías de traballo interesantes.

Sobre a mesa de partidos políticos, nada novo, solicitámoslle os correos aos que estaban presentes e seguimos confiando en que teñamos mais comunicación que cos da mesa que cos do ano pasado e poidamos ir sabendo a que dedican parte dos seus ingresos que teñen que invertir na participación das persoas exlcuidas.

Os grupos de traballo foron coma sempre interesantes, puidemos discutir e contrastar opinións cos compañeiros de toda Galicia, votamos de menos o grupo da Fundación Secretariado Xitano, e de Cáritas. Pronto estarán colgadas as conclusións na páxina da EAPN e poderemos seguir presentes coas nosas reivindicacións.

O mellor foi a comida compartida, dispuxemos nas mesas o que levou cada un, e puidemos coñecer con calma outras persoas participantes, cuestión que habería que mellorar noutros encontros, esperemos ter mais dispoñibilidade para propor o ano que vén dinámicas de confianza e coñecemento que poderían ser moi interesantes.

Tres persoas de Vigo e unha de Redondela deixáronnos os seus enderezos e esperamos poder ir tecendo algo de rede electrónica entre nós.

O compañeiro de FEAFES, amenizounos a sobremesa cunha boa música. Grazas!!.

Pepa V.

Gacetilla de Maio



Gacetilla Maio 2013

Tivemos catro reunións en maio; aínda que a participación nas mesmas foi moi escasa. A pouca asistencia é debida a causas diversas. Imos ver que ocorre o mes que ven; pero pensamos que unha asociación de catro non ten moito sentido.
Temos problemas para atraer novos socios e iso que pobres non faltan. Tal vez non hai suficiente cultura asociativa ou simplemente non soubemos atraer á xente; aínda que é un feito constatado que as clases mais desfavorecidas teñen mais dificultades para participar en proxectos onde non hai un beneficio económico instantáneo. É un problema de educación.

Este mes estivemos preparando a participación no encontro do 8 de xuño da EAPN. Ao final os que vaiamos poderemos escoitar as verbas do valedor do pobo. Algúns dirán que pode ser un bo somnífero; pero igual nos sorprende. Podería ser interesante saber que fixo con respecto á estafa das preferentes de Novagalicia. Si amigos, a situación é tan dura e a corrupción tanta, que para demasiada xente o discurso repleto de datos dun político conservador pode non ser moi apetecible.
Por outra banda a compañeira Ruth vai estar de dinamizadora de grupo. É unha experiencia nova para ela. Pensamos que vai ser unha bo aprendizaxe.

Da iniciativa de facer arquivadores de cartón, aínda non a temos totalmente valorada, soamente dúas participantes, tiraron da iniciativa con ganas, para o verán veremos se podemos rematalos e levalos á venda o domingo na praza da verdura que hai mercado libre de antigüidades e o que se queira.

Seguimos co grupo de axuda mútua de monteporreiro. Falamos para 30 persoas da Parroquia e en xullo teremos o ultimo tema que despois do autocoñecemento e autoestima pasaremos a xestión do pouco diñeiro que temos.

Saúde.
Equipo Boa Vida.