Gacetilla Maio 2013
Tivemos catro reunións en maio; aínda
que a participación nas mesmas foi moi escasa. A pouca asistencia é debida a
causas diversas. Imos ver que ocorre o mes que ven; pero pensamos que unha
asociación de catro non ten moito sentido.
Temos problemas para atraer
novos socios e iso que pobres non faltan. Tal vez non hai suficiente cultura
asociativa ou simplemente non soubemos atraer á xente; aínda que é un feito
constatado que as clases mais desfavorecidas teñen mais dificultades para participar
en proxectos onde non hai un beneficio económico instantáneo. É un problema de
educación.
Este mes estivemos preparando a
participación no encontro do 8 de xuño da EAPN. Ao final os que vaiamos
poderemos escoitar as verbas do valedor do pobo. Algúns dirán que pode ser un
bo somnífero; pero igual nos sorprende. Podería ser interesante saber que fixo
con respecto á estafa das preferentes de Novagalicia. Si amigos, a
situación é tan dura e a corrupción tanta, que para demasiada xente o discurso
repleto de datos dun político conservador pode non ser moi apetecible.
Por outra banda a compañeira
Ruth vai estar de dinamizadora de grupo. É unha experiencia nova para ela.
Pensamos que vai ser unha bo aprendizaxe.
Da iniciativa de facer
arquivadores de cartón, aínda non a temos totalmente valorada, soamente dúas
participantes, tiraron da iniciativa con ganas, para o verán veremos se podemos
rematalos e levalos á venda o domingo na praza da verdura que hai mercado libre
de antigüidades e o que se queira.
Seguimos co grupo de axuda mútua de monteporreiro. Falamos para 30 persoas da Parroquia e en xullo teremos o ultimo tema que despois do autocoñecemento e autoestima pasaremos a xestión do pouco diñeiro que temos.
Seguimos co grupo de axuda mútua de monteporreiro. Falamos para 30 persoas da Parroquia e en xullo teremos o ultimo tema que despois do autocoñecemento e autoestima pasaremos a xestión do pouco diñeiro que temos.
Saúde.
Equipo Boa Vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario