Imos a dar a chapa á sociedade, non nos deixamos vencer e xuntos camiñamos "Stop pobreza"
Un grupo de ‘Axuda Mutua’ apoiará a persoas en
situación de pobreza e exclusión social en Pontevedra
Un dos obxectivos
da Asociación Boa Vida Inclusión Activa é a organización de actividades
orientativas, Esta iniciativa está
baseada no apoio mutuo que as persoas poden realizar dende unha situación de pobreza
e a exclusión.
Consiste na
asistencia dúas veces ao mes ao grupo de axuda mutua no que se irán tratando
temas de interese das persoas asistentes entre eles, haberá un espazo
específico para a aprendizaxe de coidar o propio corpo, escoitar e falar,
(facer peticións, escoitar peticións), organización económica (teléfono,
bancos, alimentos, roupa...), etc.
O grupo responderá
ao seguinte lema: ‘Tan solo tes que
querer pasar un tempo agradable, aprender e compartir’
A actividade
desenvolverase aberta á participación das persoas da urbanización de
Monteporreiro e o resto da cidade de Pontevedra, poderase asistir os dous días
ou soamente un deles.
O calendario desta
actividade queda establecido do seguinte xeito:
Os primeiros luns
de mes en Cáritas Monteporreiro, de 5 a 7 da tarde.
Os terceiros venres
de mes no Local de Rexurdir Rúa Cruz Vermella, núm 18 de 10 a 12 da mañá.
Inicio: 5 de
novembro 2012. en Cáritas.
Fin: 19 de abril
2013. en Rexurdir.
O grupo estará
dirixido por dirixido por Pepa Vázquez, Traballadora Social Voluntaria da asociación
con experiencia nesta clase de Traballo Social con Grupos
A asistencia é gratuíta
para os socios de Boa Vida. Mentres, as persoas non socias aportarán a vontade
segundo os seus recursos económicos.
As prazas son
limitadas.