miércoles, 25 de abril de 2012

Gacetilla de marzo 2012



Presentación
Esta gacetilla es mas corta ya que tuvimos dos sesiones del curso resolución de conflictos, podéis ver en el blog el resumen o pedirnos una copia en papel.
Hace la gacetilla Teresa, con un importante esfuerzo. Tenemos una opinión de uno de nuestros socios y animamos a todos a que nos enviéis las vuestras para próximas gacetillas. Además aprendimos que significa “comer chuscos” y Se formó la de Dios es Cristo”. El faro nos sigue guiando.
Resumen de la actividad.
Tuvimos dos reuniones, en la primera participaron 9 personas y en la segunda 6, seguimos trabajando en asambleas extraordinarias y mas o menos dos horas con nuestro tiempo de descanso.
Nos sigue ayudando con el local Caritas de Monteporreiro, Rexurdir y la Biblioteca Pública.
 Organización.
Vimos que es necesaria mas publicidad de carteles cuando hagamos actos, de todas formas vinieron 3 personas que no nos conocían, dos de la asociación marroquí de Pontevedra. No escuchamos la entrevista de la radio es posible que no se emitiera.
Los que pudimos pagamos la cuota de marzo.
El secretario presentó la dimisión y pasa a socio colaborador, ahora otras dos personas se encargan de sus tareas.
Proponemos la canción “color esperanza”, de Diego Torres como lema de la asociación se aprobará en cuanto todos opinen.
Actividades.
En Abril proyectaremos dos películas, también queremos empezar con las manualidades y ajedrez.
En mayo organizaremos una charla sobre la nueva ley de RISGA posiblemente el día 9.
Opinión. Racismo cultural ou económico. Por Rafa C.
Despois de escoitar ao presidente da asociación Marroquí de Pontevedra, sorprendeume que achacara o problema só ó racismo, comentando despois que en Marrocos a xente está encantada de recibir españois. E eu digo; o mesmo nos pasa a nos cos cidadáns da Europa rica. Ata facemos publicidade para que veñan. Creo que aínda que quedan algúns racistas,  o problema e mais ben de clasismo ou de ter cartos ou non. ¿ Que preferiría a maioría da xente do mundo: vivir ó lado dun sueco rubio e pobre, ou ter como veciño a Kobe Briam? (xogador negro de baloncesto). Para arranxar os problemas convén examinar as causas que producen os efectos, e este e un asunto sensible; aínda que as árbores non nos deixan ver o bosque.
Para discutir certas cousas e moi importante ser didáctico e comprensivo, e eu teño que comer moitos chuscos, por iso non o fago.

domingo, 8 de abril de 2012

Reseña Resolución de conflictos

Boa Vida Inclusión Activa programou un curso de 4 horas sobre formas non litixiosas e non competitivas de resolver os conflitos do cotián así como aqueles máis específicos que teñen lugar nas organizacións. Ao ser unha actividade aberta e gratuíta, ademais das persoas de Boa Vida, apuntáronse membros de Cáritas e da Asociación Marroquí de Pontevedra. Valoramos isto moi positivamente xa que abre vías de comunicación tanto á sociedade en xeral como entre asociacións.

A imaxe ilustra como en circulo nos entendemos mellor.

Desde o cotián pódese incidir na realidade para facela moito máis tolerante e comprensiva coas posturas dos demais. O pórse nos zapatos do outro, empatizar lograr velos problemas dende outra perspectiva . Tan sinxelo, tan complicado.

Escomenzou o curso cunha introdución ás diferentes teorías da comunicación e os estilos de recepción da mesma. Son as nosas propias estruturas cognitivas as que filtran ou modelan as mensaxes que reciben. Falamos da comunicación non verbal, a paraverbal e tódalas formas que axudan a comunicar o noso pensamento e emocións.

As comunicación dentro do grupo, os roles que cada quen desenrola e a narrativa que produce foron tratados para comprender un dos puntos básicos da mediación: o noso punto de vista e un dos posibles e un dos moitos admisibles. Non o único nin o máis verdadeiro.

No grupo falouse da importancia que ten a resolución de conflitos dentro dos grupos e as asociacións, non só por didáctica, senón porque a súa práctica frecuente reforza os vínculos e convén á construción do grupo ou asociación.

Tamén se falou da creación dos prexuízos e da súa capacidade para pervivir nas mentes e no comportamento das persoas, sen que a mera sensibilización cognitiva poida erradicalos.

No derradeiro día dedicamos ás dúas horas a práctica introdutoria dunha mediación, penso que foi o máis divertido xa que trocamos os papeis que iamos representar, e coido que algunhas persoas do grupo teñen potencialidadades máis que dabondo para ser mediadores.

A avaliación realizada dende a xunta directiva, foi positiva en xeral, expresando:“estivo ben, moi interesante” ,“axuda a resolver os conflitos por medios pacíficos ou non violentos”, “axuda á boa relación na asociación”. Non se destacou nada a cambiar, si a mellorar na fase de avaliación entregar ás persoas asistentes unha enquisa para obter maior calidade e cantidade nas impresións dos asistentes. O docente non fixo máis que recoñecer o interés e implicación das persoas asistentes, cousa que agradeceu moito.

Entregáronse certificados de asistencia.

Como actividade o grupo Boa Vida considerou que poderían darse uns módulos máis adiante con temas específicos que se viron moi por encima nesta palestra. Como din os aviadores: o límite está no firmamento.

Por José Antonio Ramírez Amor. Monitor do curso.