Gacetillas

GACETILLA DECEMBRO E ÚLTIMA



GACETILLA – RESUMO ACTIVIDADE MENSUAL-  DECEMBRO 2013.

No mes de decembro so tivemos unha reunión pero traballamos por comisións.
Temos entre mans a asemblea ordinaria do mes de xaneiro á que todos estades convidados o xoves 16 ás 17:30 na biblioteca pública Antonio Odriozola de Pontevedra.
Tarefas de peche do exercicio 2013, tamén en marcha, Toño está coa Memoria, Ruth, Elvira e Pepa coas contas, e Javier e Isa coa organización do arquivo definitivo e libro de socios. Que presentaremos na asemblea.
Os acordos coa Deputación están en marcha, xa temos fotocopias á nosa disposición, un dos nosos socios vai a recollelas.
O 19 de decembro inauguramos a exposición fotográfica prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social da EAPN-Galicia, que pode visitarse ate o día 7 deste mes.
Continuaremos coas reunión na Gradicela e tamén en Amarante.
Neste mes despediuse das súas responsabilidades de secretario Rafa, agradecemos o importante traballo que fixo durante case ano e medio, redactando e axudándonos a tirar nos momentos mais difíciles. Na asemblea veremos quen pode substituílo, polo momento Isabel e Pepa irán repartíndose o seu traballo.
Seguimos contando contigo para o proxecto Recicla, e esperamos seguir gozando da túa presenza como ate agora.





GACETILLA OUTUBRO/NOVEMBRO 2013

Consecuentes co Ano Europeo da Cidadanía en Outubro e Novembro seguimos participando de forma activa e continua, con pequenos pasos, dende as nosas peculiaridades, sen estridencias, nin présas pero sen pausas na loita contra a exclusión e a pobreza; informándonos e informando porque a pobreza non é indigna pero se é indigno negala. Intentando xerar novos espazos de aprendizaxe e reflexión que potencien o noso  empoderamento, para manter unha verdadeira participación social que apoie nosas capacidades para comprender e reconducir as dificultades e problemas que afectan as nosas vidas e as doutros na mesma situación, fomentando a inclusión....Sabéndonos  cidadanía polo tanto con dereito á dignidade e á igualdade que só pódense construír dende a liberdade, a xustiza e a solidariedade entre iguais...

Como membros da EAPN  estivemos presentes no III Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado, un investimento, non un gasto. O Foro se centro en: analizar a situación do Terceiro Sector como actor social. Tratar alternativas, tanto no campo de organización interna coma nas posibilidades de crear empresas dende organizacións sociais para xerar outra economía. E finalmente debater os desafíos que temos todos os actores implicados na loita pola inclusión social, máxime fronte á nova Lei de Inclusión: as medidas de emerxencia como medio e non como fin, o avance do asistencialismo  ou o papel das organizacións do Terceiro Sector na prestación de servizos públicos.

Participamos no concurso de fotografía que deu lugar á exposición Prioridade I Pobreza e Exclusión Social levándoa ao Parlamento de Galicia e traéndoa máis tarde a  Pontevedra. Consideramos necesario facer unha paréntese para aclarar que non estamos de acordo coa insistencia en mostrar á mendicidade como imaxe da pobreza e a mensaxes un tanto inxenuos apuntando á caridade como solución do problema.
Ante o avance da desigualdade e a exclusión continuamos o traballo de anteriores anos en relación ao Día Internacional para a erradicación da pobreza e así contribuír a visualizar e situar a realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia e no resto do mundo no primeiro plano da axenda política e mediática. Non hai ningunha riqueza que sexa inocente, e a riqueza de poucos explícase coa pobreza de moitos, e viceversa.

Como todo grupo que intenta avanzar nos plantamos fronte a novos retos e presentámonos como candidatos, á convocatoria da subvención do Fondo Noruegués que xestiona a Plataforma de ONGS. Se dubido moito, se traballo máis, correuse contra reloxo....se cumpriron tempos e formas segundo protocolo esvaecendo ás veces as nosas propias formas. Capacidade de adaptación? E sen perder a esperanza pero sen caer na inxenuidade fomos novamente conscientes da nosa dimensión  real....e das burocracias e a sistematización de todo, de que é difícil falar con outra voz aínda que cousas se teñan que dicir. As voces do elenco estable, do poder non deixan de ser un eco que perpetúa rutinas. As voces da xente á marxe son un tanto  imprevisibles...os  non sempre escoitados, os non apreciados e ás veces malditos, temos cousas para dicir que pode que pague a pena escoitar e trasmitir, contaxiar e recrear....

É a razón pola que cremos e apostamos pola participación popular, ser protagonistas  Nos  din que vivimos nun sistema que permite que o pobo decida a súa historia, o seu destino, e iso aínda non se realizou de forma contundente en ningún lado. Aínda que todo avance nesa dirección é bo, os cambios van nacendo a medida que se van facendo, admiten diferentes camiños, cambios de ruta... se a subvención se logra encontramos un atallo se non gardamos o proceso, nos reafirmamos nos propósitos e continuaremos indo sempre un paso máis alá, articulando bases.

E como para non ser mudo hai que empezar por non ser xordo decidimos escoitar a outros que como nós teñen a súa orixe en persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social e a súa razón de ser en entender que alguén se "salva" cando se une a outras persoas para loitar pola transformación da orde social inxusta. Organizamos coa colaboración de Cáritas Monteporreiro un encontro coa Fundación Trapeiros de Emaús Navarra, un movemento con 40 anos de andaina, que basea o seu quefacer, lonxe do paternalismo e da beneficencia clásica, en participar activamente do cambio. Traballamos dende o diálogo, a escoita e a reflexión conxunta que nace da necesidade de cohesión para buscar a través da solidariedade entre iguais alternativas de cambio polo que invitamos a outros colectivos en situación de vulnerabilidade, na diversidade esta a riqueza Neste segundo encontro compartimos tempo e dende a súa experiencia valoramos a posibilidade de xerar un proxecto de reciclaxe téxtil na cidade. O balance da xornada visita foi moi positivo, coñecemos en parte como funciona o mercado de segunda man do téxtil e nos deu pistas sobre as que poder avanzar, remarcando que debemos ser o suficientemente fortes e intelixentes para ver as sinerxías  do noso ámbito.

Agora quédanos como diría a filosofía  trapeira, reducir, recuperar e reutilizar o dito. Vencer outra vez a vertixe, iniciar o camiño das preguntas, compartir visións, despexar medos, expresar inquietudes e expectativas; formarnos, auto-organizarnos e decidirnos a construír un espazo laboral digno que, ademais de ser fonte de subsistencia sexa medio de participación social. Traducir as nosas voces as daqueles sen voz en reivindicacións e sen cegarnos abrir o horizonte para soñar que aínda é posible tomar as rendas do pensamento e do facer. Non é unha loita nova, é a de todos os tempos, a loita contra a inxustiza, a desigualdade e o dispendio.



AXENDA DE SETEMBRO 2013

Custa traballo non indignarse con declaracións coma as do ministro de facenda. Dicía que a recuperación económica está en marcha e que vamos asombrar ao mundo nos próximos anos. Nós creemos que levamos asombrando e asombrándonos xa una boa tempada; pero por motivos ben distintos; aínda que despois das indemnizacións en diferido xa imos tendo callo. Realmente non é bo que nos acostumemos a cousas coma estas, por iso iniciamos o proxecto radio.

Pretendemos dar a nosa visión do por qué da exclusión social, sen pseudoperiodistas que se dediquen  a defender intereses ben definidos, pois iso xa o temos na maioría das canles públicas e privadas. Contamos coa colaboración de AGARESO e a máxima será a sinceridade e a obxectividade. A pesar da pouca formación académica, contamos coa liberdade de non ter que seguir unha liña editorial concreta. Falaremos da pobreza e a exclusión, causas e efectos económicos e socioculturais que a producen etc. Dicía un compañeiro que a defensa dos dereitos sociais, a sanidade pública ou a educación gratuita é una carreira de fondo. Ten razón; pero esa carreira estámola perdendo. É importante, antes de indignarse, localizar aos responsables da difícil situación que atravesamos e despois votar en consecuencia.

Plataforma de ONg de acción social. Sacan unha convocatoria de subvencións d que chaman “Fondo noruego”

Estamos preparando a solicitude dunha subvención do fondo noruego. Estará dedicada á cidadanía activa e participación das persoas en situación de exclusión. Este proxecto está liderado por Pepa (Traballadora social voluntaria de Boa Vida). Os demais aportaremos o que poidamos. Estamos buscando socios para o proxecto, por iso mantivemos una xuntanza con Cáritas interparroquial de Pontevedra. Non lles interesou colaborar, aínda que non sabemos moi ben por qué. Tivemos a impresión de que sentiron que invadíamos a súa parcela, ou tal vez que cuestionábamos o seu traballo.

Ben, o proxecto vai sobre participación dos pobres, algo que lles incomoda a moitas organizacións. Nós seguimos adiante.

En setembro incorporáronse á asociación varias persoas de Pontevedra e un grupo de Vilagarcía. Están moi interesados no proxecto radio, algo que nos anima a todos.

Tamén prepararmos o 17 de outubro, e iniciamos a colaboración con exalumnas de comunicación e publicidade que están preparando un documental sobre pobreza e exclusión, varios de nós gravamos testemuñas e o 17 sairán con nós á rúa. 



Xullo-agosto 2013
Durante xullo e a metade de agosto apenas tivemos actividade pero fomos tomando decisións e movendo as actividades que virán ate o final de ano.

Á volta preparamos O encontro da EAPN. Xa temos decidido quen vai. Serán o 19, 20 e 21 de setembro en Valladolid.

Cabe destacar a II Escola de Verán. Xestión Participativa de Asociacións que fixemos o 28 de agosto. Traballamos  no por qué das asociación e a súa utilidade tanto a nivel colectivo como individual, as expectativas lexítimas etc. 
Cada asociación explicou un pouco a súa maneira de traballar, as dificultades que atopan e os seus obxectivos.  Despois de comer fixemos un exercicio de debate sobre un texto para mellorar este aspecto do mundo asociativo. Agradecemos a todos a participación, ao final todos aprendemos algo.

Nós en Boa Vida, estamos evolucionando. O acompañamento, a escoita, a reivindicación ou pertencer á rede da EAPN, non son suficientes motivos para continuar coa asociación. A perda de socios no último ano indica que necesitamos facer algo mais. Necesitamos fontes de financiamento pois a maioría dos socios estamos no paro. Isto que é fácil de dicir, non o é tanto de facer. Salvo algunhas excepcións, temos pouca formación e fai falla mais capacidade de traballo. Sí, toca facer autocrítica, aínda que hai que mirar adiante. Quen dixo que isto ia a ser fácil?

Continuamos solicitando ao Concello de Pontevedra o uso dun local permanente; aínda que a concellería segue negándose a concedelo. Non importa, temos paciencia. Como dicía Tip y Col, la próxima semana hablaremos del gobierno.

Nós farémolo cando toque.

Achegámosvos agora pensamentos soltos dalgúns socios que nos van dicindo cuestións sobre as que reflexionamos.

A loita contra a pobreza e os pobres

Contáchesme o luns que no encontro recomendaron aos usuarios formarse para loitar contra o paro e a pobreza. Iso vale a título individual, para poder ofrecer mais que os competidores á hora de conseguir un traballo. Creo que na historia de España nunca houbo tanta formación e laboralmente aí están os resultados.
Dende o primeiro día botei de menos que nos encontros se falara de distribuír a riqueza, ou de que tribute mais quen mais gaña, cando resulta que é ao contrario. Podería parecer que na EAPN hai diversidade de ideoloxías nas distintas organizacións que a compoñen; pero non é verdade. Van todas na mesma liña, ou iso parece.

Para hoxe gustaríame que alguén nos contara que se falou da escandalosa intromisión dos poderes políticos, económicos, etc. na xustiza ou de por qué temos a impresión de que algúns colectivos están porriba da lei. Que rouban con total impunidade.


Sobre se recibir-pedir alimentos e vergonzánte ou non indigno ou non.

Lembro unha vez que nos reunimos en Monteporreiro. Antes de entrar, dixéronnos que pasaramos a outra estancia porque faltaba pouco para que chegara a xente e igual non lles gustaba que os víramos, o cal indica que polo menos alguén, sí é consciente de que a caridade produce indignidade.

Algúns compañeiros din que non lles importa recibir alimentos, deberían pensar sobre iso, pois esas afirmacións reforzan a caridade e debilitan os dereitos. Estender ese discurso, pode conducir á eliminación da RISGA e outras pensións?.
Cando menos non axuda a conservalas?





Gacetilla Maio 2013

Tivemos catro reunións en maio; aínda que a participación nas mesmas foi moi escasa. A pouca asistencia é debida a causas diversas. Imos ver que ocorre o mes que ven; pero pensamos que unha asociación de catro non ten moito sentido.
Temos problemas para atraer novos socios e iso que pobres non faltan. Tal vez non hai suficiente cultura asociativa ou simplemente non soubemos atraer á xente; aínda que é un feito constatado que as clases mais desfavorecidas teñen mais dificultades para participar en proxectos onde non hai un beneficio económico instantáneo. É un problema de educación.

Este mes estivemos preparando a participación no encontro do 8 de xuño da EAPN. Ao final os que vaiamos poderemos escoitar as verbas do valedor do pobo. Algúns dirán que pode ser un bo somnífero; pero igual nos sorprende. Podería ser interesante saber que fixo con respecto á estafa das preferentes de Novagalicia. Si amigos, a situación é tan dura e a corrupción tanta, que para demasiada xente o discurso repleto de datos dun político conservador pode non ser moi apetecible.
Por outra banda a compañeira Ruth vai estar de dinamizadora de grupo. É unha experiencia nova para ela. Pensamos que vai ser unha bo aprendizaxe.

Da iniciativa de facer arquivadores de cartón, aínda non a temos totalmente valorada, soamente dúas participantes, tiraron da iniciativa con ganas, para o verán veremos se podemos rematalos e levalos á venda o domingo na praza da verdura que hai mercado libre de antigüidades e o que se queira.

Saúde.
Equipo Boa Vida.


Gacetilla de abril 2013

Está en trámite parlamentario nova lei RISGA, que se chamará Lei de Inclusión. Engade flexibilidade laboral aos perceptores desta pensión. Iremos vendo que outros cambios ten e como se van aplicando.

 Actividade do grupo:
- Vimos de presentar as fotos para o concurso fotográfico sobre pobreza que promove a EAPN. O premio é material fotográfico por valor de 300€. Xa avisaremos do resultado. 

- Somos a organización anfitriona do grupo de Participación que se reunirá en Rexurdir o día 10 de maio. Estamos nerviosos esperamos que se atopen agusto.
 
- Fixemos un importante esforzo indo a Vigo, a atoparnos con Emaús Vigo. Recibiunos Montse e Juncal. Sufriron un ERE e están bastante limitados. En materia de colaboración non concretamos nada; pero puxemos as bases para futuros proxectos.

- Nós tamén estamos tendo problemas. O grupo está de baixón e as reunións son menos numerosas. Pasa nas mellores familias. Moitas veces as persoas que mais axuda precisan son as que menos a solicitan, e nós en algunhas cuestións somos especialmente vulnerables. Das dúas reunións coas institucións de Pontevedra (Concello e Deputación), temos poucos resultados, o Concello (concelleira de Benestar Social) non nos contestou a petición de locais para reunirnos, co cal a reunión para pouco serviu, temos confianza en que non viramos o correo como nos pasou coa segunda petición de entrevista. Da Deputación (Deputada de Servizos Sociais) si que temos resposta temos que facerlles unha proposta sobre apoio para fotocopias e aula de informática, iremos informando.

A pesar das dificultades, empezamos un obradoiro de arquivadores de cartón, sen mais que boa intención e copiando un deseño doutro fomos capaces de inicialo e facer 2 arquivadores e os modelos nunha hora, non está mal para ser inempleables. Incorporáronse a este obradoiro dúas persoas novas.

Tamén apoiamos unha compañeira que tiña un problema de desconto da súa pensión por unha mala información dos funcionarios que lle deixaron presentar mal un recurso e que neste momento temos compromiso telefónico de que lle van devolver os cartos porque foi un error, cando recibamos a comunicación por escrito festexarémolo.

Seguiremos facendo camiño.
Eventos aos que asistimos, xa sabedes que normalmente non imos a nada pero pouco apouco imos "integrándonos".

- Boa Vida estivo na charla da renda básica das iguais. Este acto foi organizado pola Asociación en Pé. Vimos unha película e despois mantivemos un debate sobre o tema. Pepa, membro de Encontro e voluntaria en Boa Vida dirixiu o coloquio. Explicou algúns capítulos da renda básica que tanta falta fai. Falouse da financiamento, distribución etc.

- Tamén estivemos na charla sobre vivenda organizada pola concellería de SS.SS. de Pontevedra. A maxistrada invitada, resumindo moito, veu a dicir, que no caso dos desafiuzamentos os xuíces están obrigados a aplicar as leis vixentes, e con eses “mimbres”, poucos cestos se poden facer.
Sobre a intervención do xefe de area do instituto de vivenda e solo, quedounos a sensación de que aínda que funciona ben, a súa labor é claramente insuficiente, dada a situación social e o escaso orzamento que manexan.

- Fomos a un obradoiro sobre Moeda Social, que organizou AMARANTE, un economista e un socio dunha cooperativa integral explicaron como se pode organizar outra economía, mais solidaria. Eran de Zamora e xa están intercambiando alimentos e servizos, en Barcelona tamén levan 2 anos coa experiencia e teñen incluso un centro de saúde, falla fan experiencias que dean ánimos. E a un curso de preformance de dous días.

- Película sobre Grecia, e a débeda, oi organizada polo partido ecosocialista. Describíanse as causas e efectos da crise. Quedou bastante claro que o neoliberalismo a ultranza é o responsable da difícil situación que atravesa o país. A corrupción campa ás súas anchas a tódolos niveis da administración, e o FMI, o banco mundial, xunto coas multinacionais son o motor dos desequilibrios que está a sufrir a poboación. Por non falar das penalidades que pasa a cidadanía. Chove sobre mollado e nós imos polo mesmo camiño.

Un saúdo. Equipo Boa Vida. 




Gacetilla de marzo 2013

Seguimos con xuntanzas semanais en diferentes locais que nos prestan. Sobre a conveniencia de dispoñer de local propio estivemos debatendo fai pouco e decidimos seguir como ate agora. Do Plan de Traballo deste ano nos próximos meses abordaremos, da área informativa. Organización programa radio, da area educativa: Grupo de axuda mutua e conversa en inglés, e da Laboral: Recolledores de boñigas de can e visita Emaus Vigo. Tamén obradoiro de fotografía da EAPN en Pontevedra. Fixemos un novo contrato para os prestamos aos socios.
Entrevista con Carmen Fouces.
Concelleira de SS.SS do Concello de Pontevedra.
A mediados de mes mantivemos unha reunión na concellería de SS.SS. Demandamos cláusulas sociais nos contratos empresa Concello e parece que os servizos xurídicos do Concello atopan problemas para aplicar ditas cláusulas. Ademais disto plantexámoslle  o tema das hortas urbanas, a axuda coas fotocopias…. En definitiva falámoslle de colaboración e axuda. Igual nos equivocamos; pero a impresión que temos é de que imos ter que seguir intentando facerlle entender que os nosos son proxectos importantes.Acudiron á reunión Lito, Mª Lo, Pepa, Saadia e Ruth. Esperamos a súa resposta ás peticións mais concretas que non son posibles na Deputación, (local para reunións puntuais).
Entrevista con Marta Iglesias.
Deputada de SS.SS Deputación de Pontevedra.
Recibiunos puntualmente, a deputada, e despois de presentarnos expuxémoslle os proxectos que temos. Mostrouse moi receptiva no que ao seu departamento se refire. Seguiremos en contacto para ir concretando colaboracións. Enviarémoslle dúas propostas unha sobre fotocopias e outra sobre uso da aula informática. Tamén nos facilitou mais contactos interesantes.
É importante non deixar de solicitar axuda ou colaboración das institucións porque non debemos esquecer que os políticos están aí para abordar, xestionar ou resolver os problemas ou as necesidades da xente. É unha forma de comprometernos uns e outros.
Grupo de participación na EAPN
En marzo estivemos no grupo que prepara o encontro de participación cidadá que se vai celebrar no mes de xuño. Tivemos dúas reunións e falta unha terceira. O tema elixido son os dereitos fundamentais, xa sabedes, aqueles que se poden reclamar xudicialmente. A EAPN Galicia invitounos a participar na preparación deste evento e a nós pódenos servir de rodaxe. A nosa participación non se pode cualificar de decisiva; pero estamos aí. Próxima reunión en maio recibilos en Pontevedra.
Este mes continuamos manifestándonos en contra das políticas de recortes e privatización de todo o público. Fixémolo de forma individual e non como grupo debido ao traballo que tivemos ultimamente.
Tamén estamos a participar nas manifestacións relixiosas, que é o que toca nesta semana santa. Isto demostra a pluralidade que reina na asociación.

Despedímosvos ate finais de abril con mais novas. Un saúdo.     Equipo Boa Vida. 


Gacetilla de febreiro 2013

En febreiro tivemos tres asembleas extraordinarias. A segunda semana dedicámola a facer un curso de inciación á contabilidade. Agradecemos a Xosé Cuns a colaboración desinteresada. Aprendemos as claves para cadrar as contas e levar unha contabilidade clara, transparente e responsable. O curso pareceunos interesante e quedáronnos ganas de mais.

Solicitamos entrevista coa concelleira de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra que nos recibirá no mes de marzo.

Continuamos co grupo de axuda mutua (GAM) en monteporreiro, quédannos dúas sesións e logo avaliaremos a actividade para ver se continuamos.

Fondo común.

Temos un fondo con algúns cartos procedentes das cotas dos socios, donacións e algunhas charlas nas que estivemos. Utilizámolo para sufragar gastos organizativos e administrativos, viaxes, etc. Este fondo creámolo tamén para que os socios poidamos solicitar un préstamo para facer fronte a calquera eventualidade particular. Puxémolo en practica fai pouco e aínda estamos facendo os axustes necesarios para o seu bo funcionamento.

Proxecto radio.

Coa finalidade de aprender e compartir experiencias, estamos estudando a posibilidade de participar nun programa da Radio Galega. Isto permitiríanos ser mais visibles; ao tempo que poderíamos colaborar con outras asociacións. Iremos informando dos avances neste eido.

Reivindicación e protestas.

Este mes, coma noutros anteriores, participamos en manifestacións en contra dos recortes nos servizos públicos; pois estes, repercuten negativamente sobre todo nas clases mais desfavorecidas.

Este goberno privatiza o público rendible e nacionaliza os bancos con problemas. Mal negocio para a cidadanía. Hai un desacougo xeneralizado na poboación, e a escandalosa corrupción institucional xenera mais crispación se cabe.

Un saúdo a todos.

Equipo Boa Vida.





XANEIRO 2013 
 
En xaneiro continuamos coas reunións semanais. O día 23 celebramos a
asemblea xeral anual. Presentamos as contas e repasamos as actividades
feitas ao longo do ano. Cambiamos a xunta directiva e debatimos o plan
de traballo para os próximos 3 meses.
 
En marzo estaremos en Bruselas no foro de pobreza e participación. A
EAPN invitou a unha compañeira que xa estivo no mesmo foro que se
celebrou en Oporto. Tal vez por iso a invitación foi dirixida a esta
compañeira en concreto; pero ate agora, sempre foi o grupo o que
decidiu quen nos representaba en calquera tipo de evento, e non temos
intención de cambiar isto.
 
Estamos buscando fontes de financiación para levar a cabo os proxectos
para o 2013. Temos algunhas ideas que iremos desenrolando. Estamos un
pouco atascados e algunha vez podemos pensar que a reunión non serviu
de nada. Non é certo, se fora fácil, faríao calquera. Ademais este
camiño non só se fai andando, convén parar, descansar e reanudar a
marcha.
 
Este mes solicitamos unha entrevista coa concelleira de S.S. para
tratar entre outras cousas as claúsulas sociais nos contratos entre
empresa-Concello. Agardamos resposta.
 
Grupo de axuda mutua: En xaneiro tratamos o consumo e o consumismo.
Falamos dos dereitos do consumidor e o control cando mercamos. Falar
destas cousas axuda a entender os motivos que nos levan ás veces a
consumir calquera producto. Chegamos á conclusión de que as modas, o
sentirnos aceptados ou o mero placer é o que nos move algunhas veces a
consumir cousas que non precisamos. En fin, despois de todo o sistema
aliméntase do consumo e nós formamos parte del. O importante é
controlar nós os nosos actos.



GACETILLA  DECEMBRO 2012

Ao longo deste ano fixemos actividades formativas, informativas e reivindicativas das que informamos no seu momento. Quedámonos con todo; pero hai que subliñar o respecto como unha das nosas máximas da vida asociativa que sempre procuramos manter en cada reunión. Partindo de aí, aprendemos que contrastar opinións despexar a mente fortalecéndoa.
Outro dos fins da asociación é o que chamamos desaprender, que significa substituír hábitos e costumes prexudiciais por outros que nos beneficien. Isto é importante non só a nivel asociativo, senón a nivel persoal, no tempo de lecer ou en calquera actividade da vida. Nalgúns casos ate fai pouco as nosas vidas tiñan demasiados capítulos amargos. Isto ímolo cambiando día a día froito do esforzo por desaprender que cada un vai facendo.

Este mes de decembro tivemos tres reunións. Nelas concluímos a memoria de actividades e cadramos as contas. Esta documentación enviámola á EAPN co fin de entrar a formar parte da súa rede. Estamos aceptados, agora toca TRABALLAR.Tamén mandamos aos socios a convocatoria da asemblea do 23 de xaneiro, xunto coa felicitación de Nadal.

O día 11 de decembro estivemos no encontro de voluntariado que se celebrou na Coruña. Presentamos a asociación e explicamos un pouco de onde vimos, que actividades facemos, como traballamos e qué proxectos temos. Hai que dicir que a preparación da exposición foi moi pouca por parte dos compañeiros. O medo a falar en público e algún problema técnico afectáronnos negativamente pero felicitáronnos polo noso traballo e asombráronse de que foramos capaces de facer tantas cousas.

Para o futuro seguiremos abordando os proxectos con ilusión; aínda que somos conscientes de que no 2013 os asuntos sociais van camiño de converterse en algo folclórico. Ao noso entender a tendencia é substituír dereitos por beneficencia. Nós creemos que nos agarda unha longa noite de pedra. Esta situación pódese superar con intelixencia, traballo e tesón. Aí estaremos.

Bo Nadal e Boa Vida.









GACETILLA DO MES DE NOVEMBRO  2012
Penultimo mes do ano, catro reunións, grupos de traballo conferencias… non paramos a pesar de estar no paro….. este é o resumo.

Seguimos adiante co grupo de axuda mutua que tan boa aceptación tivo o primeiro día, os primeiros luns de mes en Cáritas en Monte Porreiro e os terceiros venres de mes en Rexuirdir.

Tamén estamos a traballar na documentación que imos enviar á EAPN para entrar a formar parte da rede. E nas liñas de traballo para o ano que ben que discutiremos na asemblea do 23 de xaneiro. (Defensa das prestacións económicas, RISGA, RAI etc. Tentar traballar no autoemprego ver experiencias….)

Estivemos en:
  1. Encontro europeo de Oporto EAPN-Portugal, de participación política dos excluidos. Contou coa participación de asociacións de varios paises europeos. Despois de dous días non fomos quen de consensuar o manifesto. Isto non é moi alentador, grazas Ruth, polo traballo feito.
  2. Charla sobre saúde e emprego. Que organizou o colectivo Encontro-Marea Laranxa. Despois de escoitar aos ponentes; unha educadora social, un médico de urxencias e un siquiatra, queda claro que a saúde e o emprego están moi relacionados. A falta de traballo repercute na saúde negativamente en todas as suas formas. Por enriba os recortes sociais estanse cebando coa sanidade pública, ou estanse privatizando que para o caso é o mesmo. Non podemos deixarnos enganar con que a sanidade pública é insostible cando a empresa privada hai xa tempo que puxo os ollos nela. Nós pensamos que se a sanidade pública resulta tan ruinosa, porqué ás aseguradoras privadas lles interesa como negocio?. Gracias Rafa pola asistencia e resumo.
  3. Encontro de profesionais da intervención social, psicólogos, educadores e traballadores sociais. Encontro cargado de boas intencións, ainda que por algo hai que comezar. Os profesionais demandan mais compromiso dos seus colexios. Mais apoio para traballar e defensa ante os recortes. Para os usuarios queda claro que as prestacións económicas son cada ano mais inalcanzables. A Desobediencia Civil é unha alternativa para ambos. Grazas Toño pola compañía no encontro.


Boa vida a todos.








4- GACETILLA DEL MES OCTUBRE  2012
Boas. Aquí seguimos, este mes tivemos a axenda bastante cargada, estas son as novas:
O día 6 de outubro Boa Vida estivo no III encontro anual da EAPN que se celebrou na cidade da cultura de Santiago; haberá que darlle uso.
Comezou o encontro coa escoita ao presidente de EAPN España Carlos... que fixo un repaso aos diferentes problemas que atopamos no día a día, facendo fincapé en que os últimos en ter a atención dos políticos somos sempre os pobres, dos que se fala, pero con quen non se fala. No grupo houbo diversidade de opinións sobre a súa intervención.
A compañeira Ruth presentou as actividades que levamos facendo dende o principio, que non son poucas.
Dentro das actividades programadas escoitamos aos tres representantes dos partidos políticos con representación na cámara galega ate entón, xa que este ano o tema central deste encontro foi; participación política dos pobres e excluídos. Os alí presentes preguntamos aos políticos cuestións sobre temas relacionados coa exclusión; lástima que as respostas non concorden cós feitos.

17 de outubro. Demos unha rolda de prensa para comunicar a charla con motivo do día internacional da erradicación da pobreza que promoveu Boa Vida, este ano dedicado a pobreza e medios de comunicación, coa participación de Juan de Sola, presidente de Agareso. Tambien gravamos un debate sobre pobreza que colgaremos proximamente.
Falou da pobreza informativa que padecemos todos, debido á presión que fai o quinto poder, que é o primeiro, sobre os profesionais dos medios informativos. Tamén está a liña editorial e as presións políticas.
Ao final do acto servimos un ágape que nos axudou a confraternizar cos asistentes que foron 15 persoas.

Chegáronnos noticias de que a información dada por un colectivo de Vigo aos usuarios da RISGA e calquera persoa que necesite esta prestación, molestou aos traballadores/as sociais de atención primaria desta cidade. A información consistía en preparar aos necesitados da RISGA para a entrevista con estas traballadoras. Pensamos que os usuarios dos servizos sociais deben estar o mais informados posible, e coñecer os nosos dereitos é fundamental. Dende Boa Vida rexeitamos as queixas destas traballadoras e avogamos pola defensa ao dereito á información.

O próximo mes iniciamos o grupo de axuda mutua, dirixido a persoas en situación de exclusión ou con dificultades derivadas da pobreza, pronto colgaremos información no log. Estará dirixido pola compañeira e voluntaria da asociación Pepa.
Tratará das relacións sociais. Como interactuar, o respecto, a autoaxuda ou a axuda mutua entre outras cousas. Esperámoste. Tamén a preparación da asemblea xeral para xaneiro coa renovación da xunta directiva e plan de traballo.
Aínda que somos coma esos arboriños pequenos recén plantados, a pouco que nos deixen podemos dar froito. Só precisamos que os ventos da macroeconomía non rompan as nosas vidas. Xa non se trata de ideoloxía, senón de economía doméstica e supervivencia. Cantos mais sexamos maior forza teremos. Non te cortes, participa da vida, sexa onde sexa. 



3- GACETILLA DE SEPTIEMBRE  2012 Edición especial. En la foto con los compañeros Emaús de Vigo el año pasado.

III ENCUENTRO GALLEGO DE CIUDADANÍA INCLUSIVA.  http://www.eapn-galicia.com/

Somos un grupo de personas en situación de exclusión organizadas desde Enero de este año, nuestras gacetillas mensuales sirven para dar a conocer nuestra actividad y avanzan en la lucha contra la pobreza. Suscríbete en nuestro correo electrónico.   

Nos reunimos una vez a la semana, durante dos horas con un descanso, tratamos temas organizativos y de interés para el grupo, tenemos una cuota de 0,50 ctmos al mes, con la que hacemos un fondo de autoapoyo que se recupera a principios de mes, en nuestro blog podrás encontrar nuestra memoria de los últimos meses, tenemos una trabajadora social y un mediador comunitario voluntarios que nos apoyan en cuestiones que nosotros no podemos hacer solos.
Este mes hemos participado en un encuentro con alumnos del curso de dinamización comunitaria que imparte el SEPE (antes INEM) de Vigo. Expusimos el porqué de la asociación. Las actividades que hemos hecho, y las dificultades que encontramos en la preparación y consecución de proyectos. Tanto a nivel individual como colectivo. Nos fuimos con la impresión de que no esperaban que un grupo como el nuestro sea tan activo y siga haciendo camino. Bueno, nosotros/as seguimos aprendiendo a compartir y a desechar prejuicios, porque entendemos que para arreglar un problema, primero hay que reconocerlo. Como nos han Pág.

También hemos explicado el día 24, por medio de dos compañeras, el funcionamiento de la asociación Traperos de Emaus Navarra. Trabajan y viven en comunidad, abordando el desempleo con seriedad. Se han hecho un hueco en el mundo laboral con la reutilización de productos. Han conseguido en 40 años, más de 200 empleos en los que trabajan personas que estaban excluidas. Nosotros/as, volveremos a visitarlos para conocer su funcionamiento interno, normas de convivencia, etc. Veremos que podemos adaptar a nuestras circunstancias para nuestro proyecto de empleo.

El 6 de octubre participaremos en el encuentro anual de la fundación EAPN. Hablaremos de exclusión (como vivir con ella) y participación política. Seleccionaremos preguntas de los asistentes y se las trasladaremos a los políticos que participen. No esperamos demasiado de las respuestas de los políticos; pues la situación social, habla por si sola. Celebraremos el 17 de octubre día internacional de lucha contra la pobreza.

Seguimos sin tener local propio para reunirnos y tampoco lo necesitamos. Utilizamos la biblioteca pública y otros espacios que nos prestan. Lo que sí tenemos es vocación de servicio; aunque carecemos de eso que llaman glamour, algo que dicen está presente a veces en los mercadillos de beneficencia; pero podemos decirte con datos en la mano, que la sanidad y otros servicios sociales, son sostenibles. Por mucho que digan los políticos que legislan en connivencia con los poderosos; empobreciendo pues a la mayoría.

En Boa Vida pensamos que la participación política, no sólo es un derecho, sino una obligación.
Un abrazo a Teresa que no podrá venir por estar en el hospital.


2- GACETILLA DEL MES AGOSTO   2012

Hola a todos. Hemos tenido un Parón que nos ha servido para recargarnos y reanudar con fuerza las actividades.

Tuvimos dos reuniones en la primera participaron 6 personas y en la segunda 7, seguimos trabajando en Asambleas Extraordinarias y más o menos dos horas con nuestro tiempo de descanso. Nos sigue ayudando con el local Caritas de Monteporreiro, Rexurdir y la Biblioteca Pública a los que expresamos nuestro agradecimiento

Durante el mes de agosto entramos en contacto con el colectivo Encontro Benestar Social y la plataforma Marea Laranxa, que como nosotros, protesta y reivindica que además de detener los recortes en sanidad y educación, también son importantes los servicios sociales. Tanto para los trabajadores como para los usuarios (ley de dependencia, RISGA etc).

Estamos asistiendo al desmantelamiento del estado de bienestar y nosotros no nos resignamos.

Hacemos reflexiones y cuestionamos lo que ocurre a nuestro alrededor. Reforma de la ley del aborto, la existencia de empresas que comercializan alimentos con caducidad próxima, pelea de compañeros en la plaza de Orense… etc. Debatimos e informamos sobre como reducir el costo de las medicinas para rentas bajas. De la conformidad con la Ley que dejará fuera de la atención Sanitaria Pública a los emigrantes residentes en España, vimos una contradicción. El grupo no esta de acuerdo y manifiesta su rechazo. Ya que la atención médica es cuestión de Derechos Humanos. Pensamos que para debatir conviene tener cierta disponibilidad  a aceptar datos y argumentos contrastados con los demás.



Valoramos nuestra actuación en la situación difícil de una compañera, parece que se encuentra mejor. Las circunstancias obligan y hay comunicación en casa. Esperemos que el respeto y el sentido común conduzcan a normalizar la situación.
Concluimos que la actuación del grupo fue correcta en este asunto, además los dimes y diretes tienen consecuencias negativas, y atender a ciertos rumores, y/o  difundirlos sólo conduce a empeorar los problemas, perjudicando las relaciones entre nosotros.



Hemos promovido un curso participativo de buenas prácticas en asociaciones y colectivos en el que hemos aprendido y nos hemos divertido en un espacio sano y natural. Además de la teoría ha habido juegos de rol muy instructivos, esto fue lo que más gustó.

Estamos haciendo una biblioteca que creemos va a ser importante. Seguimos planificando cursos como por ejemplo de sentimientos, y participamos en encuentros que tienen que ver con el mundo asociativo y los problemas sociales.

Pronto tendremos el calendario de reuniones, encuentros y reivindicaciones para los próximos 6 meses.

Es importante recordar que dos compañeras durante el verano han ido a Navarra a conocer de primera mano la experiencia de trabajo de la asociación Emaus Navarra, y esto lo hemos hecho con muy poco dinero. Debería servir de ejemplo a muchos políticos, pues han sido elegidos para gestionar de forma responsable el dinero de todos.

Somos cada día más los desempleados. Si te has cansado de quejarte tu sólo de lo mal que va todo y quieres dar información o recibirla, ponte en contacto con nosotros y nos conoces. Somos un grupo de personas con pocos recursos económicos; aunque en iniciativas e ideas no somos tan pobres. Pensamos que eso es lo que molesta a los distintos poderes que intentan manipularnos.

En Boa Vida estamos empezando a dejar de sentirnos culpables de ser pobres. Entre otras cosas porque no tiene ningún sentido que seamos los 6 millones de parados los responsables de la difícil situación que atravesamos. Cuando la mayor parte del dinero público se lo llevan otros.
Algunas actividades pendientes
  1. Haremos un power point, sobre la asociación.
  2. Reanudación del pago de cuotas (0,50ctms mes).
  3. Charla sobre Traperos de Emaus de Navarra en una reunión conjunta con Cáritas.
  4. 17 de Octubre día Internacional de lucha contra la pobreza.
  5. El 6 de octubre, vamos a participar por tercer año, en el III encuentro de participación de personas en situación de pobreza y exclusión, con la red, EAPN-Galicia, pueden ir voluntarios de cualquier organización.
  6. Charla en el curso dinamizador comunitario en Vigo.
  7. Asamblea de Marea Laranxa.
  8. Huertas urbanas.
  9. Ir a recoger patatas a la Limia.















1- Estos dos meses no hicimos gacetilla, tuvimos las reuniones habituales y la asamblea a finales de junio, acordamos trabajar en verano e un ritmo mas lento y seguir con las actuaciones de la asociación.
En las actas tenemos todo registrado, podeis solicitarlas ya que son públicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario