jueves, 2 de enero de 2014

GACETILLA – RESUMO ACTIVIDADE MENSUAL- DECEMBRO 2013.




 
No mes de decembro so tivemos unha reunión pero traballamos por comisións.
Temos entre mans a asemblea ordinaria do mes de xaneiro á que todos estades convidados o xoves 16 ás 17:30 na biblioteca pública Antonio Odriozola de Pontevedra.
Tarefas de peche do exercicio 2013, tamén en marcha, Toño está coa Memoria, Ruth, Elvira e Pepa coas contas, e Javier e Isa coa organización do arquivo definitivo e libro de socios. Que presentaremos na asemblea.
Os acordos coa Deputación están en marcha, xa temos fotocopias á nosa disposición, un dos nosos socios vai a recollelas.
O 19 de decembro inauguramos a exposición fotográfica prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social da EAPN-Galicia, que pode visitarse ate o día 7 deste mes.
Continuaremos coas reunión na Gradicela e tamén en Amarante.
Neste mes despediuse das súas responsabilidades de secretario Rafa, agradecemos o importante traballo que fixo durante case ano e medio, redactando e axudándonos a tirar nos momentos mais difíciles. Na asemblea veremos quen pode substituílo, polo momento Isabel e Pepa irán repartíndose o seu traballo.
Seguimos contando contigo para o proxecto Recicla, e esperamos seguir gozando da túa presenza como ate agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario