Boas. Aquí seguimos, este mes tivemos a
axenda bastante cargada, estas son as novas:
O día 6 de outubro Boa Vida estivo no III
encontro anual da EAPN que se celebrou na cidade da cultura de Santiago; haberá
que darlle uso.
Comezou o encontro coa escoita ao presidente
de EAPN España Carlos... que fixo un repaso aos diferentes problemas que
atopamos no día a día, facendo fincapé en que os últimos en ter a atención dos
políticos somos sempre os pobres, dos que se fala, pero con quen non se fala.
No grupo houbo diversidade de opinións sobre a súa intervención.
A compañeira Ruth presentou as actividades
que levamos facendo dende o principio, que non son poucas.
Dentro das actividades programadas
escoitamos aos tres representantes dos partidos políticos con representación na
cámara galega ate entón, xa que este ano o tema central deste encontro
foi; participación política dos pobres e excluídos. Os alí presentes
preguntamos aos políticos cuestións sobre temas relacionados coa exclusión;
lástima que as respostas non concorden cós feitos.
17 de outubro. Demos unha rolda
de prensa para comunicar a charla con motivo do día internacional da
erradicación da pobreza que promoveu Boa Vida, e gravamos un debate que pronto colgaremos. Este ano dedicado a pobreza e
medios de comunicación, coa participación de Juan de Sola, presidente de
Agareso.
Falou da pobreza informativa que padecemos
todos, debido á presión que fai o quinto poder, que é o primeiro, sobre os
profesionais dos medios informativos. Tamén está a liña editorial e as presións
políticas.
Ao final do acto servimos un ágape que nos
axudou a confraternizar cos asistentes que foron 15 persoas. Convidamos aos tres partidos politicos e solo acudiuo o PSOE. Rematamos o acto con Gustavo Almeida cantando de "Frente" gracias!! http://www.gustavoalmeida.com/
Chegáronnos noticias de que a información
dada por un colectivo de Vigo aos usuarios da RISGA e calquera persoa que
necesite esta prestación, molestou aos traballadores/as sociais
de atención primaria desta cidade. A información consistía en
preparar aos necesitados da RISGA para a entrevista con estas traballadoras. Pensamos
que os usuarios dos servizos sociais deben estar o mais informados posible, e
coñecer os nosos dereitos é fundamental. Dende Boa Vida rexeitamos as queixas
destas traballadoras e avogamos pola defensa ao dereito á información.
O próximo mes iniciamos o grupo de axuda
mutua, dirixido a persoas en situación de exclusión ou con dificultades
derivadas da pobreza, pronto colgaremos información no log. Estará dirixido
pola compañeira e voluntaria da asociación Pepa.
Tratará das relacións sociais. Como interactuar,
o respecto, a autoaxuda ou a axuda mutua entre outras cousas. Esperámoste.
Tamén a preparación da asemblea xeral para xaneiro coa renovación da xunta
directiva e plan de traballo.
Aínda que somos coma esos arboriños
pequenos recén plantados, a pouco que nos deixen podemos dar froito. Só
precisamos que os ventos da macroeconomía non rompan as nosas vidas. Xa non se
trata de ideoloxía, senón de economía doméstica e supervivencia. Cantos mais
sexamos maior forza teremos. Non te cortes, participa da vida, sexa onde
sexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario