miércoles, 18 de diciembre de 2013

PRIORIDADE 1: Pobreza e exclusión

Con esta iniciativa, EAPN-Galicia pretende poñer o foco de atención nunha realidade que moitas veces pasa desapercibida: as situacións de exclusión social que sofren moitas persoas nas nosas vilas e cidades. As imaxes amosan outras vidas, outras problemáticas que queremos que estean presentes a través desta mostra na axenda política pero tamén na sociedade.
A exposición poderá verse dende o xoves 19 de decembro ata o próximo 8 de xaneiro en horario de 9:00 a 21:00 de luns a sábado.
EAPN-Galicia é unha organización formada por 18 entidades do terceiro sector de toda Galicia cun obxectivo en común: a loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos das persoas en risco. Entre as entidades de Pontevedra figuran Boa Vida Inclusión Activa (promotora desta actividade) , Cáritas Pontevedra, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Federación Autismo Galicia, Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Down Pontevedra Xuntos, Fundación Érguete Integración, Fundación Meniños, Fundación Secretariado Xitano, Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (IGAXES3)
LUGAR: Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra. Rúa Alfonso XIII, 3.
HORA: 11:00
CONTACTO: Xosé Cuns (Director de EAPN-Galicia) 698 12 71 10 ou Teresa Patiño (Boa Vida Inclusión Activa) 695 465 526/668.862.139

No hay comentarios:

Publicar un comentario