lunes, 14 de octubre de 2013

Axenda Gacetilla Setembro






Custa traballo non indignarse con declaracións coma as do ministro de facenda. Dicía que a recuperación económica está en marcha e que vamos asombrar ao mundo nos próximos anos. Nós creemos que levamos asombrando e asombrándonos xa una boa tempada; pero por motivos ben distintos; aínda que despois das indemnizacións en diferido xa imos tendo callo. Realmente non é bo que nos acostumemos a cousas coma estas, por iso iniciamos o proxecto radio.

Pretendemos dar a nosa visión do por qué da exclusión social, sen pseudoperiodistas que se dediquen  a defender intereses ben definidos, pois iso xa o temos na maioría das canles públicas e privadas. Contamos coa colaboración de AGARESO e a máxima será a sinceridade e a obxectividade. A pesar da pouca formación académica, contamos coa liberdade de non ter que seguir unha liña editorial concreta. Falaremos da pobreza e a exclusión, causas e efectos económicos e socioculturais que a producen etc. Dicía un compañeiro que a defensa dos dereitos sociais, a sanidade pública ou a educación gratuita é una carreira de fondo. Ten razón; pero esa carreira estámola perdendo. É importante, antes de indignarse, localizar aos responsables da difícil situación que atravesamos e despois votar en consecuencia.

Plataforma de ONg de acción social. Sacan unha convocatoria de subvencións d que chaman “Fondo noruego”

Estamos preparando a solicitude dunha subvención do fondo noruego. Estará dedicada á cidadanía activa e participación das persoas en situación de exclusión. Este proxecto está liderado por Pepa (Traballadora social voluntaria de Boa Vida). Os demais aportaremos o que poidamos. Estamos buscando socios para o proxecto, por iso mantivemos una xuntanza con Cáritas interparroquial de Pontevedra. Non lles interesou colaborar, aínda que non sabemos moi ben por qué. Tivemos a impresión de que sentiron que invadíamos a súa parcela, ou tal vez que cuestionábamos o seu traballo.

Ben, o proxecto vai sobre participación dos pobres, algo que lles incomoda a moitas organizacións. Nós seguimos adiante.

En setembro incorporáronse á asociación varias persoas de Pontevedra e un grupo de Vilagarcía. Están moi interesados no proxecto radio, algo que nos anima a todos.

Tamén prepararmos o 17 de outubro, e iniciamos a colaboración con exalumnas de comunicación e publicidade que están preparando un documental sobre pobreza e exclusión, varios de nós gravamos testemuñas e o 17 sairán con nós á rúa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario