domingo, 17 de marzo de 2013

Gacetilla febreiro




Agradecemos a Virginia a idea e a Tino o debuxo inicial.

En febreiro tivemos tres asembleas extraordinarias. A segunda semana dedicámola a facer un curso de inciación á contabilidade. Agradecemos a Xosé Cuns a colaboración desinteresada. Aprendemos as claves para cadrar as contas e levar unha contabilidade clara, transparente e responsable. O curso pareceunos interesante e quedáronnos ganas de mais.

Solicitamos entrevista coa concelleira de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra que nos recibirá no mes de marzo.

Continuamos co grupo de axuda mutua (GAM) en monteporreiro, quédannos dúas sesións e logo avaliaremos a actividade para ver se continuamos.

Fondo común.

Temos un fondo con algúns cartos procedentes das cotas dos socios, donacións e algunhas charlas nas que estivemos. Utilizámolo para sufragar gastos organizativos e administrativos, viaxes, etc. Este fondo creámolo tamén para que os socios poidamos solicitar un préstamo para facer fronte a calquera eventualidade particular. Puxémolo en practica fai pouco e aínda estamos facendo os axustes necesarios para o seu bo funcionamento.

Proxecto radio.

Coa finalidade de aprender e compartir experiencias, estamos estudando a posibilidade de participar nun programa da Radio Galega. Isto permitiríanos ser mais visibles; ao tempo que poderíamos colaborar con outras asociacións. Iremos informando dos avances neste eido.

Reivindicación e protestas.

Este mes, coma noutros anteriores, participamos en manifestacións en contra dos recortes nos servizos públicos; pois estes, repercuten negativamente sobre todo nas clases mais desfavorecidas.

Este goberno privatiza o público rendible e nacionaliza os bancos con problemas. Mal negocio para a cidadanía. Hai un desacougo xeneralizado na poboación, e a escandalosa corrupción institucional xenera mais crispación se cabe.

Un saúdo a todos.

Equipo Boa Vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario