martes, 14 de febrero de 2012

LIBRO DESBORDES CREATIVOS

Los participantes del grupo estamos leyendo y buscando para ir creando nuestro camino, y queremos compartirlo con vosotros, nos gustaría que antes o despues de leer el interesante resumen del libro que hizo Ramón C. participante de la asamblea de la asociación, vierais este video, nos lo hizo llegar una voluntaria de Cáritas, y nos ha impresionado el principio y el final. Esperamos comentarios.

www.ted.com/talks/lang/es/bunker_roy.html#.TvDbPayNVWP.email


TITULO: Desbordes creativos Estilos y estratexias para la transformación social.
Autor:
Tomás R. Villasante. Está na Biblioteca pública de Pontevedra.

Trata sobre persoas con carencias coma nós, as dificultades que persoas atopan para integrase na sociedade que son múltiples e variadísimas; os factores que inflúen nese tipo de des encontros, tanto dende o punto de vista familiar, sobre todo en sudamericana o patrón patriarcal, onde as mulleres tratan de librarse desas ataduras que hai que erradicar da sociedade.

Dende Madrid desprazouse un grupo de expertos para faceren unha labor de investigación, empregando como ferramenta de traballo as entrevistas realizadas a persoas de todo tipo e condición, en particular, a aqueles que teñen fortes carencias sociais.

Foi un traballo de anos; as entrevistas realizáronse en grupos: 6 de cada cidade, agrupados por idade, xénero e status ou bloque social, familiar etc. Ao mesmo tempo fixéronse “técnicas conversacionais” (talleres) con grupos xa formados, ou no seu caso con grupos de formación para recoller contidos e motivacións dos distintos estilos de vida.

Fano a través de recollida de documentación e creatividade en persoas con fortes carencias, facendo entrevistas.

A as entrevistas como ferramenta de traballo. Paralelamente entrevistaron a expertos nestes temas nos países respectivos.

Tratase pois de impulsar un traballo de investigación; de anos, moitos deles vinculados aos países en cuestión, con entrevistas de carácter de grupo 6 en cada cidade, agrupadas por idade, xénero bloque, social etc.

Fixéronse técnicas conversacionais con grupos xa formados ou no seu caso con grupos de formación para recoller os contidos motivacións dos distintos estilos de vida.

Na páxina 131, “Soy hija de padres pobres tengo seis hermanos no he podido estudiar secundaria por ser pobres...en la escuela no tenia para vestirme adecuadamente ni para comer en el recreo, esto me humanizó y ahora comparto lo poco que tengo”.

Tamén na páxina 134-135. hai información interesante

Mulleres: nós sabemos o que queremos.

Os grupos de mulleres adultas móvense noutras problemáticas. Ou tiveron fillos (poucos en comparación con outras épocas, ou renunciaron a isto de momento, e mostran unha serie de ambivalencias bastante desconcertantes. Hai bastantes diferenzas entre as mulleres profesionais moi dinámicas e ao tanto das teorías feministas, con practicas moi igualitarias e independentes das dos varóns e, os grupos populares de mulleres onde unha delas exerce o liderazgo sobre as demais e a penas teorizan as súas practicas sociais.

Outra das carencias a destacar é a des información total ou parcial no que atinxe á planificación familiar.
E unha labor de constancia e tenacidade, e onde os froitos desa labor se verán á volta dalgúns anos.

SEGUNDA PARTE: Facer mais que dicir.

Ben e despois de tanta leria, mellor dar algún exemplo práctico, dende o convencemento de que na investigación emancipadora, as ortodoxias deben deixar paso ás ortopraxis. A metodoloxía participativa que aquí presentamos suma todas aquelas prácticas virtuosas que amosaron a súa capacidade transformadora: o socio-análisis, a investigación-acción- participativa, o análise se redes, o diagnóstico rural, a pedagoxía popular etc., ata construír unha convivencia cos seus estilos e estratexias creativas, capaces de desbordar dende os movementos sociais mais innovadores ós plantexamentos convencionais do local e o rexional.

Esta obra responde ás preguntas xurídicas nunha investigación de tres anos en cinco cidades latinas sobre estilos de creatividade social. http://www.blogger.com/img/blank.gif

Unha cuestión nada doada de artellar no traballo: Por que no seu actuar social, ¿ a xente fai as cousas que fai?. As pescudas entre colectivos, grupos e persoas con actividades sociais que abondan nos nosos barrios e comarcas, ábrennos camiños non só para entender as motivacións, senón tamén para construír as transformacións sociais que son necesarias en cada contexto e momento. No debate sobre os sistemas sociais complexos estanse a recuperar conceptos que abren novos camiños e que puideran servir para superar vellos dilemas sectarios que afectan ó eido progresista.

E dicir estamos no bo camiño, e agardamos contar coa vosa complicidade. Grazas por me ter escoitado.

1 comentario: