miércoles, 11 de septiembre de 2013

Gacetilla de agosto 2013



Durante xullo e a metade de agosto apenas tivemos actividade pero fomos tomando decisións e movendo as actividades que virán ate o final de ano.

Á volta preparamos O encontro da EAPN. Xa temos decidido quen vai. Serán o 19, 20 e 21 de setembro en Valladolid.

Cabe destacar a II Escola de Verán. Xestión Participativa de Asociacións que fixemos o 28 de agosto. Traballamos  no por qué das asociación e a súa utilidade tanto a nivel colectivo como individual, as expectativas lexítimas etc. 
Cada asociación explicou un pouco a súa maneira de traballar, as dificultades que atopan e os seus obxectivos.  Despois de comer fixemos un exercicio de debate sobre un texto para mellorar este aspecto do mundo asociativo. Agradecemos a todos a participación, ao final todos aprendemos algo.

Nós en Boa Vida, estamos evolucionando. O acompañamento, a escoita, a reivindicación ou pertencer á rede da EAPN, non son suficientes motivos para continuar coa asociación. A perda de socios no último ano indica que necesitamos facer algo mais. Necesitamos fontes de financiamento pois a maioría dos socios estamos no paro. Isto que é fácil de dicir, non o é tanto de facer. Salvo algunhas excepcións, temos pouca formación e fai falla mais capacidade de traballo. Sí, toca facer autocrítica, aínda que hai que mirar adiante. Quen dixo que isto ia a ser fácil?

Continuamos solicitando ao Concello de Pontevedra o uso dun local permanente; aínda que a concellería segue negándose a concedelo. Non importa, temos paciencia. Como dicía Tip y Col, la próxima semana hablaremos del gobierno.

Nós farémolo cando toque.

Achegámosvos agora pensamentos soltos dalgúns socios que nos van dicindo cuestións sobre as que reflexionamos.


A loita contra a pobreza e os pobres

Contáchesme o luns que no encontro recomendaron aos usuarios formarse para loitar contra o paro e a pobreza. Iso vale a título individual, para poder ofrecer mais que os competidores á hora de conseguir un traballo. Creo que na historia de España nunca houbo tanta formación e laboralmente aí están os resultados.
Dende o primeiro día botei de menos que nos encontros se falara de distribuír a riqueza, ou de que tribute mais quen mais gaña, cando resulta que é ao contrario. Podería parecer que na EAPN hai diversidade de ideoloxías nas distintas organizacións que a compoñen; pero non é verdade. Van todas na mesma liña, ou iso parece.

Para hoxe gustaríame que alguén nos contara que se falou da escandalosa intromisión dos poderes políticos, económicos, etc. na xustiza ou de por qué temos a impresión de que algúns colectivos están porriba da lei. Que rouban con total impunidade.


Sobre se recibir-pedir alimentos e vergonzánte ou non indigno ou non.

Lembro unha vez que nos reunimos en Monteporreiro. Antes de entrar, dixéronnos que pasaramos a outra estancia porque faltaba pouco para que chegara a xente e igual non lles gustaba que os víramos, o cal indica que polo menos alguén, sí é consciente de que a caridade produce indignidade.

Algúns compañeiros din que non lles importa recibir alimentos, deberían pensar sobre iso, pois esas afirmacións reforzan a caridade e debilitan os dereitos. Estender ese discurso, pode conducir á eliminación da RISGA e outras pensións?.
Cando menos non axuda a conservalas?

miércoles, 21 de agosto de 2013

Aprender a usar el Blogspot

Querer no es lo mismo que poder y ya no digamos saber.....

Queremos aprender a poder usar bien el blog.... pero vamos lentos, lentos.....

II Escola de Verán A xestión participativa das asociacións. 2013


As persoas
En Boa vida, consideramos a formación como un elemento clave na vida asociativa, así empezamos o ano pasado coa I Escola de verán sobre xestión participativa das asociacións. A experiencia foi moi positiva.
A partir de agora, gustaríanos ir afondando nas diferentes áreas de xestión que vimos o ano pasado, queremos empezar polas persoas, é dicir por nós mesmas. Eleximos este tema porque precisamos revisar o noso papel individual dentro do grupo e ver como este suma na colectividade.

Datas: 28 horario de mañá e tarde,  29 de agosto de 10 a 13:30
Lugar: Asociación A gradicela, r/ Cruz Vermella 16
Custe: Gratuito para socios dalgunha asociación.5 euros para non socios.
Nota. Asociarse a Boa Vida non ten cota.
Inscripcións por orde de chegada:  
Nome e apelidos, telf, mail e dni no caso de solicitar certificado.
Telf: 664107089
Limite de prazas: 15



Mércores 28 de agosto
10. 00 – Presentación das persoas asistentes.
11: 00 – Exercicio práctico ¿quen son eu? ¿participo?.
12. 00 – Descanso
12:30 – Mesa Redonda. Experiencias de participación:
Boa Vida. Elementos técnicos. Experiencia vital. Logros. Dificultades.
Fundación Emaus. Elementos técnicos. Experiencia vital.Logros.Dificultades
15 M. Elementos técnicos. Experiencia vital.Logros.Dificultades
13: 30 – 14:00 - Debate e conclusións.
Tarde
16:00 – Repasando e aprendendo a traballar en equipo. Querer, poder e saber
17:00 – Descanso
17: 30 – ¿quen son, e quen quero ser na miña asociación de referencia?
18:15 - Debate final e conclusións.

Xoves 29 de agosto

10: 10- A radio en internet como expresión de participación
10: 45– Exercicio práctico.
11: 15 – Descanso
11:30 – Elaboración dun guión de programa de radio
13:15 – Avaliación e peche



Algunhas Preguntas de reflexión transversal ao longo da  II Escola de Verán:
Fainos chegar as túas!!
1- Participas nunha asociación?.
2- Sinteste parte da mesma?
3- Coidanse as persoas na asociación?
4- Por que se está en asociacións?
5- Que che aporta? ¿canto podes permanecer??.
6- Como influen as novas tecnoloxías na participación?
Twiter, Facebook, Skipe, Mail...??
Propuestas de reflexión dos participantes:
Achega 1.
1. Para qué están las asociasiones?
2. Quienes pueden constituirlas, tanto el común de la gente como profesionales?
3. Hasta donde llega su competencia, y a quienes reemplaza en la sociedad?

ORGANIZA : Boa Vida Inclusión Activa                        COLABORAN: Emaus e A Gradicela
 

 

domingo, 9 de junio de 2013

Fin de curso e reenganche




 En Xuño non teremos Gacetilla, pero non estaremos de todo “parados”.

Ademais do encontro da EAPN ao que fomos o día 8. Ruth irá a Madrid a seguir participando no grupo de discusión do proxecto P.E.P.A. estará tres días, á volta temos a asemblea da EAPN o día 21, pero non sabemos se poderemos ir.

Atoparémonos o 3 de xullo ás sete da tarde no estadio da xuventude, para ir a dar un paseo e ver como estamos de forzas para seguir adiante e que compromisos podemos adquirir para o curso que vén polo menos ate decembro, temos enriba da mesa as seguintes cuestións para as que precisamos mans e cabezas que axuden, aí vos quedan para que podades darnos a vosa opinión e veñades tamén a compartir con nós as vosas inquedanzas e necesidades:

- O grupo de axuda múta de Monteporreiro.
- Arquivadores de cartón. 
 - Colaboramos co colectivo Encontro na posta en marcha do Café Pendente.

 - Tentaremos organizar unha xuntanza cos compañeiros de Médicos do Mundo e coa Oficina de Dereitos Sociais e Emaús en Vigo.

- Veremos se facemos a segunda escola de verán, un dos temas nos que pensamos é Xornada sobre a persoas participantes nas asociacións Recursos Humanos e voluntariado.
- A radio e a pobreza. ¿conseguiremos espazos?
- Proxecto de clases de árabe. Temos unha mestra de marrocos que pode facelo.
- 17 de outubro. ¿Temática? Que podes ser de interese:
Responsabilidade social das empresas? ¿que fai o noso concello, a deputación e a xunta?.

4 Encontro EAPN. Cidadanía Inclusiva



Este encontro foi para a nosa asociación un punto de inflexión, xa que como sabedes polas gacetillas anteriores estamos nun momento difícil en canto a persoas que non poden participar por motivos moi diversos.

Fixemos unha importante reflexión sobre cuestións que ás veces temos que facer a pesar de que non nos gusten ou das que non lle vemos claro o beneficio para nós individualmente pero si para o grupo. Unha das reflexións de persoas que non foron ao encontro teñen que ver coa falla de utilidade, co discurso lonxano dos intereses das persoas excluídas e o repetitivo da temática, e a pseudo participación dos excluídos naquelo que eles chaman “entidades” non “organizacións”, todo isto reforzado coa importancia de que as decisións individuais han de respectarse. O resultado foi que solo estivemos 3, e que temos un ano por diante para mellorar a nosa participación no deseño do encontro para sacarlle partido a un espazo tan valioso.

Na primeira conferencia O Valedor do Pobo.  Julio Fernández explicou de forma moi amena as súas funcións e como facer queixas nesta institución. So sorprendeu un pouco, por momentos cando se dirixía ao publico como se non se entendera onde estaba a dereita e a esquerda para atopar o edificio no que se atopan as súas instalacións.

En Boa Vida, algúns preguntábanse que fixera no caso das preferentes, sobre iso non llo preguntamos pero si que nos informou sobre desaucios, que 10 familias están nos seus domicilios grazas ás queixas que presentaron e este mediou cos bancos. Tamén sabemos da súa pronta resposta xa que no 2010 escribímoslle e respondeunos moi amablemente.

A conferencia fíxonos recordar que temos unha queixa pendente sobre os descontos das débedas do Concello de Pontevedra das axudas para alimentos.

Logo Carlos Teijo. Explicou a diferenzas entre os dereitos fundamentais e os que non o son, foi moi interesante saber que o xulgado de Estrasburgo consegue que paguen indemnizacións pero teremos que repasar a fondo todo o que explicou xa que abre moitas vías de traballo interesantes.

Sobre a mesa de partidos políticos, nada novo, solicitámoslle os correos aos que estaban presentes e seguimos confiando en que teñamos mais comunicación que cos da mesa que cos do ano pasado e poidamos ir sabendo a que dedican parte dos seus ingresos que teñen que invertir na participación das persoas exlcuidas.

Os grupos de traballo foron coma sempre interesantes, puidemos discutir e contrastar opinións cos compañeiros de toda Galicia, votamos de menos o grupo da Fundación Secretariado Xitano, e de Cáritas. Pronto estarán colgadas as conclusións na páxina da EAPN e poderemos seguir presentes coas nosas reivindicacións.

O mellor foi a comida compartida, dispuxemos nas mesas o que levou cada un, e puidemos coñecer con calma outras persoas participantes, cuestión que habería que mellorar noutros encontros, esperemos ter mais dispoñibilidade para propor o ano que vén dinámicas de confianza e coñecemento que poderían ser moi interesantes.

Tres persoas de Vigo e unha de Redondela deixáronnos os seus enderezos e esperamos poder ir tecendo algo de rede electrónica entre nós.

O compañeiro de FEAFES, amenizounos a sobremesa cunha boa música. Grazas!!.

Pepa V.

Gacetilla de Maio



Gacetilla Maio 2013

Tivemos catro reunións en maio; aínda que a participación nas mesmas foi moi escasa. A pouca asistencia é debida a causas diversas. Imos ver que ocorre o mes que ven; pero pensamos que unha asociación de catro non ten moito sentido.
Temos problemas para atraer novos socios e iso que pobres non faltan. Tal vez non hai suficiente cultura asociativa ou simplemente non soubemos atraer á xente; aínda que é un feito constatado que as clases mais desfavorecidas teñen mais dificultades para participar en proxectos onde non hai un beneficio económico instantáneo. É un problema de educación.

Este mes estivemos preparando a participación no encontro do 8 de xuño da EAPN. Ao final os que vaiamos poderemos escoitar as verbas do valedor do pobo. Algúns dirán que pode ser un bo somnífero; pero igual nos sorprende. Podería ser interesante saber que fixo con respecto á estafa das preferentes de Novagalicia. Si amigos, a situación é tan dura e a corrupción tanta, que para demasiada xente o discurso repleto de datos dun político conservador pode non ser moi apetecible.
Por outra banda a compañeira Ruth vai estar de dinamizadora de grupo. É unha experiencia nova para ela. Pensamos que vai ser unha bo aprendizaxe.

Da iniciativa de facer arquivadores de cartón, aínda non a temos totalmente valorada, soamente dúas participantes, tiraron da iniciativa con ganas, para o verán veremos se podemos rematalos e levalos á venda o domingo na praza da verdura que hai mercado libre de antigüidades e o que se queira.

Seguimos co grupo de axuda mútua de monteporreiro. Falamos para 30 persoas da Parroquia e en xullo teremos o ultimo tema que despois do autocoñecemento e autoestima pasaremos a xestión do pouco diñeiro que temos.

Saúde.
Equipo Boa Vida.



domingo, 5 de mayo de 2013

Gacetilla abril

Está en trámite parlamentario nova lei RISGA, que se chamará Lei de Inclusión. Engade flexibilidade laboral aos perceptores desta pensión. Iremos vendo que outros cambios ten e como se van aplicando.

 Actividade do grupo:
- Vimos de presentar as fotos para o concurso fotográfico sobre pobreza que promove a EAPN. O premio é material fotográfico por valor de 300€. Xa avisaremos do resultado. 

- Somos a organización anfitriona do grupo de Participación que se reunirá en Rexurdir o día 10 de maio. Estamos nerviosos esperamos que se atopen agusto.
 
- Fixemos un importante esforzo indo a Vigo, a atoparnos con Emaús Vigo. Recibiunos Montse e Juncal. Sufriron un ERE e están bastante limitados. En materia de colaboración non concretamos nada; pero puxemos as bases para futuros proxectos.

- Nós tamén estamos tendo problemas. O grupo está de baixón e as reunións son menos numerosas. Pasa nas mellores familias. Moitas veces as persoas que mais axuda precisan son as que menos a solicitan, e nós en algunhas cuestións somos especialmente vulnerables. Das dúas reunións coas institucións de Pontevedra (Concello e Deputación), temos poucos resultados, o Concello (concelleira de Benestar Social) non nos contestou a petición de locais para reunirnos, co cal a reunión para pouco serviu, temos confianza en que non viramos o correo como nos pasou coa segunda petición de entrevista. Da Deputación (Deputada de Servizos Sociais) si que temos resposta temos que facerlles unha proposta sobre apoio para fotocopias e aula de informática, iremos informando.

A pesar das dificultades, empezamos un obradoiro de arquivadores de cartón, sen mais que boa intención e copiando un deseño doutro fomos capaces de inicialo e facer 2 arquivadores e os modelos nunha hora, non está mal para ser inempleables. Incorporáronse a este obradoiro dúas persoas novas.

Tamén apoiamos unha compañeira que tiña un problema de desconto da súa pensión por unha mala información dos funcionarios que lle deixaron presentar mal un recurso e que neste momento temos compromiso telefónico de que lle van devolver os cartos porque foi un error, cando recibamos a comunicación por escrito festexarémolo.

Seguiremos facendo camiño.

Eventos aos que asistimos, xa sabedes que normalmente non imos a nada pero pouco apouco imos "integrándonos".

- Boa Vida estivo na charla da renda básica das iguais. Este acto foi organizado pola Asociación en Pé. Vimos unha película e despois mantivemos un debate sobre o tema. Pepa, membro de Encontro e voluntaria en Boa Vida dirixiu o coloquio. Explicou algúns capítulos da renda básica que tanta falta fai. Falouse da financiamento, distribución etc.

- Tamén estivemos na charla sobre vivenda organizada pola concellería de SS.SS. de Pontevedra. A maxistrada invitada, resumindo moito, veu a dicir, que no caso dos desafiuzamentos os xuíces están obrigados a aplicar as leis vixentes, e con eses “mimbres”, poucos cestos se poden facer.
Sobre a intervención do xefe de area do instituto de vivenda e solo, quedounos a sensación de que aínda que funciona ben, a súa labor é claramente insuficiente, dada a situación social e o escaso orzamento que manexan.

- Fomos a un obradoiro sobre Moeda Social, que organizou AMARANTE, un economista e un socio dunha cooperativa integral explicaron como se pode organizar outra economía, mais solidaria. Eran de Zamora e xa están intercambiando alimentos e servizos, en Barcelona tamén levan 2 anos coa experiencia e teñen incluso un centro de saúde, falla fan experiencias que dean ánimos. E a un curso de preformance de dous días.

- Película sobre Grecia, e a débeda, oi organizada polo partido ecosocialista. Describíanse as causas e efectos da crise. Quedou bastante claro que o neoliberalismo a ultranza é o responsable da difícil situación que atravesa o país. A corrupción campa ás súas anchas a tódolos niveis da administración, e o FMI, o banco mundial, xunto coas multinacionais son o motor dos desequilibrios que está a sufrir a poboación. Por non falar das penalidades que pasa a cidadanía. Chove sobre mollado e nós imos polo mesmo camiño.

Un saúdo. Equipo Boa Vida.