As
persoas
En
Boa vida, consideramos a formación como un elemento clave na vida asociativa,
así empezamos o ano pasado coa I Escola de verán sobre xestión participativa
das asociacións. A experiencia foi moi positiva.
A
partir de agora, gustaríanos ir afondando nas diferentes áreas de xestión que
vimos o ano pasado, queremos empezar polas persoas, é dicir por nós mesmas.
Eleximos este tema porque precisamos revisar o noso papel individual dentro do
grupo e ver como este suma na colectividade.
Datas: 28 horario de mañá e tarde, 29 de agosto de 10 a 13:30
Lugar: Asociación A gradicela, r/ Cruz
Vermella 16
Custe: Gratuito para socios dalgunha asociación.5
euros para non socios.
Nota. Asociarse a Boa Vida non ten cota.
Inscripcións por orde de chegada:
Nome e apelidos, telf, mail e dni no caso de
solicitar certificado.
Telf: 664107089
Limite de prazas: 15
Mércores 28 de agosto
10. 00 – Presentación das persoas asistentes.
11: 00 – Exercicio práctico ¿quen son eu?
¿participo?.
12. 00 –
Descanso
12:30 –
Mesa Redonda. Experiencias de participación:
Boa Vida. Elementos técnicos. Experiencia
vital. Logros. Dificultades.
Fundación Emaus. Elementos técnicos.
Experiencia vital.Logros.Dificultades
15 M. Elementos técnicos. Experiencia vital.Logros.Dificultades
13: 30 – 14:00 - Debate e conclusións.
Tarde
16:00 – Repasando e aprendendo a traballar en
equipo. Querer, poder e saber
17:00 – Descanso
17: 30 – ¿quen son, e quen quero ser na miña
asociación de referencia?
18:15 - Debate final e conclusións.
Xoves 29 de agosto
10: 10- A radio en internet como expresión de
participación
10: 45– Exercicio práctico.
11: 15 – Descanso
11:30 – Elaboración dun guión de programa de
radio
13:15 – Avaliación e peche
Algunhas
Preguntas de reflexión transversal ao longo da
II Escola de Verán:
Fainos
chegar as túas!!
1- Participas nunha asociación?.
2- Sinteste parte da mesma?
3- Coidanse as persoas na asociación?
4- Por que se está en asociacións?
5- Que che
aporta? ¿canto podes permanecer??.
6- Como influen
as novas tecnoloxías na participación?
Twiter, Facebook,
Skipe, Mail...??
Propuestas de
reflexión dos participantes:
Achega 1.
1. Para qué están
las asociasiones?
2. Quienes pueden
constituirlas, tanto el común de la gente como profesionales?
3. Hasta donde
llega su competencia, y a quienes reemplaza en la sociedad?
ORGANIZA : Boa Vida Inclusión Activa COLABORAN: Emaus e A Gradicela
![]() |
No hay comentarios:
Publicar un comentario