Este encontro foi
para a nosa asociación un punto de inflexión, xa que como sabedes polas
gacetillas anteriores estamos nun momento difícil en canto a persoas que non
poden participar por motivos moi diversos.
Na primeira
conferencia O Valedor do Pobo. Julio
Fernández explicou de forma moi amena as súas funcións e como facer queixas
nesta institución. So sorprendeu un pouco, por momentos cando se dirixía ao
publico como se non se entendera onde estaba a dereita e a esquerda para atopar
o edificio no que se atopan as súas instalacións.
En Boa Vida, algúns
preguntábanse que fixera no caso das preferentes, sobre iso non llo preguntamos
pero si que nos informou sobre desaucios, que 10 familias están nos seus domicilios grazas ás
queixas que presentaron e este mediou cos bancos. Tamén sabemos da súa pronta
resposta xa que no 2010 escribímoslle e respondeunos moi amablemente.
A conferencia fíxonos
recordar que temos unha queixa pendente sobre os descontos das débedas do Concello
de Pontevedra das axudas para alimentos.
Logo Carlos Teijo.
Explicou a diferenzas entre os dereitos fundamentais e os que non o son, foi
moi interesante saber que o xulgado de Estrasburgo consegue que paguen
indemnizacións pero teremos que repasar a fondo todo o que explicou xa que abre
moitas vías de traballo interesantes.
Sobre a mesa de partidos políticos, nada novo, solicitámoslle os correos aos que estaban presentes e
seguimos confiando en que teñamos mais comunicación que cos da mesa que cos do
ano pasado e poidamos ir sabendo a que dedican parte dos seus ingresos que teñen que invertir na participación das persoas exlcuidas.
Os grupos de
traballo foron coma sempre interesantes, puidemos discutir e contrastar
opinións cos compañeiros de toda Galicia, votamos de menos o grupo da Fundación
Secretariado Xitano, e de Cáritas. Pronto estarán colgadas as conclusións na
páxina da EAPN e poderemos seguir presentes coas nosas reivindicacións.
O mellor foi a
comida compartida, dispuxemos nas mesas o que levou cada un, e puidemos coñecer
con calma outras persoas participantes, cuestión que habería que mellorar
noutros encontros, esperemos ter mais dispoñibilidade para propor o ano que vén
dinámicas de confianza e coñecemento que poderían ser moi interesantes.
Tres persoas de Vigo
e unha de Redondela deixáronnos os seus enderezos e esperamos poder ir tecendo
algo de rede electrónica entre nós.
O compañeiro de
FEAFES, amenizounos a sobremesa cunha boa música. Grazas!!.
Pepa V.
No hay comentarios:
Publicar un comentario