
Á volta preparamos O encontro da EAPN. Xa
temos decidido quen vai. Serán o 19, 20 e 21 de setembro en Valladolid.
Cabe destacar a II Escola de Verán. Xestión Participativa de Asociacións que
fixemos o 28 de agosto. Traballamos no por qué das asociación e a súa
utilidade tanto a nivel colectivo como individual, as expectativas lexítimas
etc.
Cada asociación explicou un pouco a súa
maneira de traballar, as dificultades que atopan e os seus obxectivos.
Despois de comer fixemos un exercicio de debate sobre un texto para mellorar
este aspecto do mundo asociativo. Agradecemos a todos a participación, ao final
todos aprendemos algo.
Nós en Boa Vida, estamos evolucionando. O
acompañamento, a escoita, a reivindicación ou pertencer á rede da
EAPN, non son suficientes motivos para continuar coa asociación. A perda
de socios no último ano indica que necesitamos facer algo mais. Necesitamos
fontes de financiamento pois a maioría dos socios estamos no paro. Isto que é
fácil de dicir, non o é tanto de facer. Salvo algunhas excepcións, temos pouca
formación e fai falla mais capacidade de traballo. Sí, toca facer autocrítica, aínda
que hai que mirar adiante. Quen dixo que isto ia a ser fácil?
Continuamos solicitando ao Concello de
Pontevedra o uso dun local permanente; aínda que a concellería segue negándose
a concedelo. Non importa, temos paciencia. Como dicía Tip y Col, la próxima
semana hablaremos del gobierno.
Nós farémolo cando toque.
Achegámosvos
agora pensamentos soltos dalgúns socios que nos van dicindo cuestións sobre as
que reflexionamos.
A loita
contra a pobreza e os pobres
Contáchesme o luns que no encontro recomendaron aos usuarios formarse para
loitar contra o paro e a pobreza. Iso vale a título individual, para poder
ofrecer mais que os competidores á hora de conseguir un traballo. Creo que na
historia de España nunca houbo tanta formación e laboralmente aí están os
resultados.
Dende o primeiro día botei de menos que nos encontros se falara de distribuír
a riqueza, ou de que tribute mais quen mais gaña, cando resulta que é ao
contrario. Podería parecer que na EAPN hai diversidade de ideoloxías nas
distintas organizacións que a compoñen; pero non é verdade. Van todas na mesma
liña, ou iso parece.
Para hoxe gustaríame que alguén nos contara que se falou da escandalosa
intromisión dos poderes políticos, económicos, etc. na xustiza ou de por
qué temos a impresión de que algúns colectivos están porriba da lei. Que rouban
con total impunidade.
Sobre se
recibir-pedir alimentos e vergonzánte ou non indigno ou non.
Lembro unha vez que nos reunimos en Monteporreiro. Antes de entrar, dixéronnos
que pasaramos a outra estancia porque faltaba pouco para que chegara a xente e
igual non lles gustaba que os víramos, o cal indica que polo menos alguén, sí é
consciente de que a caridade produce indignidade.
Algúns compañeiros din que non lles importa recibir alimentos, deberían pensar
sobre iso, pois esas afirmacións reforzan a caridade e debilitan os dereitos. Estender
ese discurso, pode conducir á eliminación da RISGA e outras pensións?.
Cando menos non axuda a conservalas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario