
Entrevista con Carmen Fouces.
Concelleira de SS.SS do Concello de Pontevedra.
A mediados de mes mantivemos unha reunión na concellería de SS.SS. Demandamos
cláusulas sociais nos contratos empresa Concello e parece que os servizos xurídicos
do Concello atopan problemas para aplicar ditas cláusulas. Ademais disto
plantexámoslle o tema das hortas urbanas, a axuda coas fotocopias…. En
definitiva falámoslle de colaboración e axuda. Igual nos equivocamos; pero a
impresión que temos é de que imos ter que seguir intentando facerlle entender
que os nosos son proxectos importantes.Acudiron á reunión Lito, Mª Lo, Pepa,
Saadia e Ruth. Esperamos a súa resposta ás peticións mais concretas que non son posibles na
Deputación, (local para reunións puntuais).
Entrevista con Marta Iglesias.
Deputada de SS.SS Deputación de Pontevedra.
Recibiunos puntualmente, a deputada, e despois de presentarnos expuxémoslle
os proxectos que temos. Mostrouse moi receptiva no que ao seu departamento se
refire. Seguiremos en contacto para ir concretando colaboracións. Enviarémoslle
dúas propostas unha sobre fotocopias e outra sobre uso da aula informática.
Tamén nos facilitou mais contactos interesantes.
É importante non deixar de solicitar axuda ou colaboración das institucións
porque non debemos esquecer que os políticos están aí para abordar, xestionar
ou resolver os problemas ou as necesidades da xente. É unha forma de
comprometernos uns e outros.
Grupo de participación na EAPN
En marzo estivemos no grupo que prepara o encontro de participación cidadá
que se vai celebrar no mes de xuño. Tivemos dúas reunións e falta unha
terceira. O tema elixido son os dereitos fundamentais, xa sabedes, aqueles que
se poden reclamar xudicialmente. A EAPN Galicia invitounos a participar na
preparación deste evento e a nós pódenos servir de rodaxe. A nosa participación
non se pode cualificar de decisiva; pero estamos aí. Próxima reunión en maio
recibilos en Pontevedra.
Este mes continuamos manifestándonos en contra das políticas de recortes e
privatización de todo o público. Fixémolo de forma individual e non como grupo
debido ao traballo que tivemos ultimamente.
Tamén estamos a participar nas manifestacións relixiosas, que é o que toca
nesta semana santa. Isto demostra a pluralidade que reina na asociación.
Despedímosvos ate finais de abril con mais novas. Un saúdo. Equipo Boa Vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario