Un
anónimo colaborador de Boa Vida, David López, no facebook, enviounos a
súa opinión e pediunos que a publicaramos, aqui vai!!. Como non pode
ser doutro xeito, e como din nas editoriais das revistas importantes. Esta publicación non emite a opinión de Boa Vida e esta evidentemente non se fai responsable das opinións aquí vertidas. En todo caso agradecemos a este anónimo que se exprese e gustaríanos recibir mais opinións ao respeito, por aquelo de crear cultura.
As enquisas daban gañador ao PP; pero
coas leis electorais feitas para castigar o pluralismo político, sacou mais proveito
con menos votos que nas anteriores. Por parte do PSOE, escoitei moi poucas
críticas ás políticas neoliberais que padecemos, e cando as fixeron, foron moi
laxas, polo tanto, que se jodan.
Estoume recuperando do desgusto. O
resultado do PP e moi malo para a maioría e para a sociedade en xeral. Xa tiñan
os votos, os cartos e as armas, e agora os galeguiños do Luar e demais
programas imbéciles da TVG renóvanlles a confianza. Non vai haber quen os
ature.
Hoxe nun telediario dicían que o goberno Rajoi
entende como déficit os cartos públicos inxectados á banca privada. Vaia novidade.
O asunto é que parece que segundo este goberno cada un de nós debe 60.000€
por gastar mais do que tiñamos. E eu cobrando 350€ cada mes, mentres dura. E a
forza da mentira.
Imos dereitiños á beneficencia e grazas.
O que vou facer e pasar moito dalgún cretino que non ten un can e que
ou vota por quen non debe ou nin se molesta en tratar de entender o que está
pasando.
Por certo de que van os de compromiso x Galicia
ademais de ser unha escisión do BNG?.
Fai un ano o PSOE perdeu
as estatais e dixeron: Sí, imos abrir un período de reflexión. Despois outro
desastre en Andalucía. Gobernan có apoio de EU; pero “otra vez la frasecita”:
imos abrir un período de reflexión. Agora outro desastre en Galicia, e en
Euskadi, peor aínda; e aínda teñen o valor de soltar outra vez o rollo da
reflexión.
Fai dúas décadas pedían
para si mesmos o voto da esquerda porque segundo eles era o voto útil. A
min nunca me enganaron, non tiña nada de útil nin agora nin antes. A estes non
os sacan da poltrona nin con auga quente. Que pasada como afundiron! . Creo
que fixeron méritos.
Teño que pensar sobre iso. En EEUU hai estados nos
que vota menos do 30% do electorado, e os resultados para os políticos son
lexítimos.
Creo que hai unha estafa informativa; pero destes
cabritos non esperaba outra cousa. De calquera maneira, os galegos estamos moi durmidos.
Igual o feito de que nas aldeas non fagan manis, tampouco axuda. O rural sempre
foi o coto de pesca mais importante de votos do PP.
Non acabo de estar cómodo coas asociacións chamadas
tirita. A caridade, a falla doutra cousa, pois aí está. O malo é que cando
podemos cambiar algo, a maioría dos voluntarios destas asociacións
decídense polos partidos antisociais. Sendo polo tanto cómplices do
sistema. Eu a iso chámolle hipocrisía. Se lles nota que fan un esforzo
cando falan contigo. Relacionan pobreza con idiotez
Con mais coñecementos levaría mellor as conversas cos
benfeitores e caritativos. Tamén podo esperar que me toque a lotería. En
serio, non me resulta fácil relacionarme dende a condición de pobre. Entre os prexuízos
dos demais e os meus.....
interesante reflexión.
ResponderEliminar